4/2/17

CONFERENCIAS: NAMIBIA

Namibia foi o interesante tema escollido por EVA DURÁN ALBACETE para a súa conferencia. Este é un dos países máis estables, descoñecidos e diferentes de África do Sur. Pero que ninguén espere ver aquí selvas tropicais. Namibia é sobre todo DESERTO, coas DUNAS máis altas do planeta, e SABANA, pola que se moven aínda tribos singulares, como os Himba, e onde vive boa parte da fauna africana, incluídos os seus grandes mamíferos. O deserto que dá nome ao país é coñecido polas súas incribles dunas de cor vermella, pero tamén por ser o máis antigo do mundo: calcúlase que xa existía fai 65 millóns de anos. A zona máis visitada do Namib é o parque nacional Namib-Naukluft, onde están as famosas dunas 45 e Big Daddy, duns 300 metros de altitude. Windhoek, a capital de Namibia, de nome impronunciable (máis ou menos dise vin-duc), é a porta de entrada ao país africano para a maioría dos seus visitantes. Aínda que queda pouco do seu pasado colonial e é unha cidade moderna, mantén un pequeno centro histórico interesante. Twyfelfontein é un parque que protexe a maior concentración de petróglifos e restos arqueolóxicos da Idade do Ferro de Namibia. Foi recoñecido como patrimonio mundial e componse de máis de 15 localizacións, algunhas con espectaculares gravados de animais que serviron para ritos chamánicos. Éstas e moitas máis cousas nos contou a nosa experta de hoxe que tamén nos trouxo varias imaxes. Aquí tendes algunhas fotos:
A QUE VOS APETECERÍA VISITAR ESTE INCRIBLE PAÍS???

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada