6/2/17

CONFERENCIAS: TANZANIA

A nosa experta de hoxe, CLAUDIA ALONSO RODRÍGUEZ, transportounos coa súa conferencia a outro marabilloso país africano: TANZANIA. Tanzania, o país máis extenso de África oriental, comprende no seu territorio as chamadas illas das especias (Zanzíbar, Pemba e Mafia) e a cima máis alta de África, o Kilimanjaro, de 5.895 metros de altitude. O país ten tres grandes lagos: Tanganika, Vitoria e Niasa. Separada por unha canle de 90 km, Zanzíbar é a illa máis grande de África. Dar es Salam é a capital, aínda que nos últimos tempos estase trasladando a Dodoma. O cráter Ngorongoro e o Parque Nacional do Serengueti son lugares ricos en flora e fauna salvaxes, aínda que varias das especies que os habitan áchanse en perigo de extinción. Estes datos formaron parte do tema da exposición de Claudia. Estamos descubrindo cousas incribles deste continente. PARABÉNS, CLAUDIA!!!
AQUÍ ESTÁ O VÍDEO:

3 comentarios:

  1. GENIAL CLAUDIA LO HICISTES PERFECTO.
    SE NOTA QUE FUISTE UNA EXPERTA EN TANZANIA.

    ResponderEliminar