20/6/17

EXCURSIÓN FINAL CURSO 16/17

A pesar dos atrancos cos que nos atopamos a primeira hora da mañá, a causa da folga do transporte, a excursión alternativa resultou un éxito. Os nenos e nenas xogaron e divertíronse xunt@s, compartiron, conviviron e disfrutaron da xornada. O calor non perxudicou as ganas de pasalo ben. Volveron para casa coas probas de que gozaron a tope: roupas, caras e calzado regresaron diferentes das cores orixinais!!! Axiña poderei poñervos algunhas fotos. Polo de agora aproveitade para contalo en familia ou escribilo, así quedará na vosa memoria como un día fantástico. Para min foi un día inesquecible. GRAZAS A TOD@S!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario