30/1/17

A NOSA ÁRBORE DA PAZ

Hoxe rematamos as actividades relacionadas co Día da Non Violencia e a Paz facendo as nosas achegas á preciosa árbore que temos a carón da biblioteca. Despois de reflexionar sobre este día e sobre a figura de Wangari Maathai, escribimos a nosa mensaxe nas follas que se unirán ás do resto dos compañeir@s para que a NOSA ÁRBORE DA PAZ sexa moi frondosa e proporcione a semente que agromará nos corazóns de tod@s. PARABÉNS, nenas e nenos, por tan fermoso traballo!!!
Así foi: PRIMEIRO pensamos e escribimos:
DESPOIS, decoramos e recortamos:
AO REMATAR, baixamos e depositámolas nos maceteiros para que se engadan ás que xa están colocadas na árbore.
QUE ÁRBORE TAN PRECIOSA NOS QUEDOU!!!
AGARDAMOS QUE, NUN FUTURO PRÓXIMO, TODOS OS DÍAS DE TODAS AS PERSOAS ESTEAN CHEOS DE PAZ!!

25/1/17

TRABALLOS COLECTIVOS SOBRE A PAZ E WANGARI MAATHAI

Seguimos traballando e reflexionando sobre a PAZ e sobre a interesante figura da activista keniana Wangari Maathai. Hoxe, o alumnado de cuarto, distribuido en equipos, elaborou uns magníficos cartaces sobre a vida e a obra desta muller, poñendo de relevo o infravalorado traballo da poboación feminina dos países africanos e a necesidade de conservar e coidar os seus espléndidos espazos naturais. Os compoñentes dos equipos achegaron a información e os materiais que ían utilizar, planificaron o traballo e repartiron as tarefas. Todas as decisións foron consensuadas polos integrantes do grupo. Ao finalizar a sesión xa puidemos expoñer dous dos catro murais que formarán parte da decoración dos corredores do cole. PARABÉNS polo excelente traballo!!!
Máis fotos AQUÍ

EXPOSICIÓN "HISTORIAS DE ÁFRICA"

Así quedou a preciosa exposición "Historias de África" que loce na entrada das aulas de terceiro e cuarto de Primaria. Queremos agradecer ao alumnado e ás súas familias as interesantes achegas que fixeron nacer e medrar o interese por coñecer e saber máis sobre este continente. MOITAS GRAZAS!!!

CONCERTO DE MÚSICA TRADICIONAL NO CONCELLO

O pasado luns, o alumnado de terceiro e cuarto de Primaria asistiu a un concerto de música tradicional promovido polo Concello de Vigo, a través da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD). A experiencia entusiasmou aos nenos e nenas que gozaron do espectáculo e participaron cantando e aplaudindo ao son da música que lles ofreceron os profesores da Escola Municipal de Música de Vigo. Tamén descubriron instrumentos ben peculiares e interesantes. Pasámolo xenial!!!!

ANIVERSARIOS: CLAUDIA E NAIM

Durante este mes celebramos o décimo aniversario de Claudia e de Naim. Trouxéron dúas tortas exquisitas coas que convidaron a todos os compañeir@s. Estaban BOÍSIMAS!!! GRAZAS aos dous!!!

23/1/17

WANGARI E AS ÁRBORES DA PAZ

O 30 de xaneiro celébrase o día escolar da non violencia e a paz. Para reflexionar sobre este día, este ano traballaremos sobre a fascinante historia de Wangari Maathai, que recibiu o Premio Nobel da Paz no ano 2004. Para iso, recorremos ao libro "Wangari e as árbores da paz".
Wangari vivía rodeada de árbores. Cando medra, comeza unha masiva deforestación e Wangari teme que pronto todo o bosque sexa destruído. Decide sementar nove arboriñas e iniciar unha acción ecoloxista en favor da reforestación, o Movemento do Cinto Verde, chegando a ser responsable da plantación de máis de 30 millóns de árbores en todo o país e de mellorar a calidade de vida das mulleres. As nosas vidas mellorarán se volvemos ter árbores. Plantaremos as sementes da esperanza.
O mellor é que descubrades vós mesmos esta preciosa historia. Facendo click na frecha da seguinte imaxe, gozaredes deste belo conto que transmite tantos importantes valores. Cando acabe a historia, atoparedes diferentes actividades para pasar un bo intre e reforzar o aprendido. Se queredes velo a pantalla completa, por exemplo, para usar na pantalla dixital, só tedes que facer click no recuadro superior dereito (e "esc" para volver). Fonte:http://www.auladeelena.com/2016/01/wangari-y-los-arboles-de-la-paz.html

17/1/17

A RESPIRACIÓN. APARATO RESPIRATORIO

XOGA E APRENDE:
http://www.primaria.librosvivos.net/archivosCMS/3/3/16/usuarios/103294/9/caminoaire/frame_prim.swf

A DIXESTIÓN. APARATO DIXESTIVO

XOGA E APRENDE:
http://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/eltanquematematico/pizarradigital/AparatoDigestivo/inicio_cm.html
Fai clic e pasa o rato enriba dos nomes para obter información:

Despois escoita atentamente o que che explica este simpático personaxe e saberás cal é o percorrido completo que fan os alimentos desde que entran no noso corpo. Clic na imaxe:

Para rematar, clic AQUÍ

COMUNIDADES AUTÓNOMAS

XOGA E APRENDE
http://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/eltanquematematico/comunidades/comunidades_p.html
Practica o que traballamos na clase coas seguintes actividades:
(Fíxate na parte esquerda do xogo para cambiar o nivel de dificultade)

9/1/17

COMEZAMOS O SEGUNDO TRIMESTRE!!!

Despois das vacacións de Nadal nas que todos puidemos descansar e divertirnos moito coas nosas familias e amig@s, chega a hora de volver ao traballo. E o comezo resultou moi doce grazas ao agasallo que nos deixaron as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente que se fixaron no ben que se portaron os nenos e nenas de cuarto, no que traballaron e no comprensivos e xenerosos que foron. Por iso atpamos na porta un cestiño cunha mensaxe dirixida a todo o alumnado. GRAZAS, MAXESTADES!!! Seguiremos sendo uns rapaces e reapazas estupend@s!!!