26/2/17

ENTROIDO 2017: POR CULPA DUN POKEMON

Como é habitual no noso centro, o venres celebramos o FESTIVAL DO ENTROIDO. Os nenos e nenas de CUARTO participaron brillantemente no espectáculo "POR CULPA DUN POKEMON", título da obra de teatro na que colaborou toda a comunidade educativa: alumnado, profesorado e familias. ÁFRICA foi o continente que inspirou o noso vestiario e tod@s estabamos GUAPÍSIM@S!!!
Podedes ver a crónica dese día en O RECANTO DE MIK
Máis fotos AQUÍ Un vídeo con algunhas fotos

24/2/17

REMATAN AS CONFERENCIAS SOBRE ÁFRICA!!!

O xoves remataron as conferencias sobre África. Aproveito para felicitar a tod@s os expertos e expertas de CUARTO polo esforzo e o excelente traballo que realizaron, así como polo impecable comportamento que tiveron como público atento, respectuoso e participativo. Moitísimas grazas tamén ás familias pola sua implicación, sen a cal esta actividade sería imposible de realizar. PARABÉNS, polo tanto, a NENOS, NENAS E FAMILIAS!!! Na imaxe de abaixo podedes acceder á lista de reproducción de todos os vídeos.
https://www.youtube.com/playlist?list=PLYnexCbqnL5lp8KlyYZkRkn1WH2KuQB6K

CONFERENCIAS: O CACAO

Remata o ciclo de conferencias deste curso cunha fantástica exposición sobre O CACAO da nosa experta MARÍA RODRÍGUEZ LÓPEZ. Unha viaxe ata as civilizacións MAIA e AZTECA para achegarnos ás orixes deste saboroso alimento, hoxe espallado por todo o mundo. A historia, o cultivo, as zonas de produción e as distintas variedades foron algúns dos datos que nos achegou. Un vídeo e un powerpoint ilustraron perfectamente as súas explicacións. Para rematar convidounos a un riquísimo postre bañado, como non, en chocolate. Como lembranza da súa conferencia, agasallounos cunha bolsiña con sementes de cacao criollo. Encantounos!! PARABÉNS, MARÍA!!!

23/2/17

ELABORANDO DISFRACES

Xa rematamos os colares africanos!! Moita imaxinación e creatividade. Quedaron xenial!!!
E ASÍ ESTABAN DE GUAP@S!!!

CONFERENCIAS: A SELVA TROPICAL

A SELVA TROPICAL, unha clase de bioma típica das zonas ecuatoriais e tropicais, foi o tema da conferencia do noso experto SERGIO LUGO FERNÁNDEZ. A enorme variedade de especies animais e vexetais, xunto coas escasas posibilidades de asentamentos humanos neste ambiente de características tan pouco propicias para este fin, contribúe a que nos resulte aínda máis atractivo achegarnos aos tesouros destes lugares. Na súa exposición, Sergio fixo un percorrido polas principais e máis grandes selvas tropicais do planeta e das diferentes formas de vida que acubillan, desde microorganismos ata as grandes especies de animais. Para completar a información tróuxonos varias imaxes e dous vídeos. Foi moi interesante!! PARABÉNS, SERGIO!!!

22/2/17

CONFERENCIAS: SUDÁFRICA

FABIOLA CORTÉS QUINTÁNS, a segunda experta de hoxe, ofreceunos unha conferencia sobre SUDÁFRICA, coñecida polo nome "A nación do arco da vella" debido á súa diversidade de culturas, idiomas e crenzas relixiosas. Todo o que nos contou sobre este país resultounos moi interesante: a súa xeografía, historia, gastronomía, cultura... Para rematar a exposición mostrounos un vídeo cos datos máis salientables e curiosos sobre esa terra e as súas xentes. Tamén nos trouxo unha preciosa manualidade: a bandeira de Sudáfrica. PARABÉNS, FABIOLA!!!

ENTROIDO AFRICANO

Os nenos e nenas de cuarto de EP andan preparando pulseiras e colares, os complementos que levarán cos seus disfraces de africanos e africanas. Están quedando moi ben!!

O MECO MANDA: SOMBREIROS DO MUNDO

Así de guap@s e internacionais apareceron hoxe os nenos e nenas de cuarto de EP, obedecendo, como corresponde, as ordes do meco. FANTÁSTIC@S!!!

CONFERENCIAS: MADAGASCAR

A impresionante illa de MADAGASCAR, coa súa incrible fauna endémica, as súas marabillosas paisaxes e a súa interesante historia na que aparecen temibles piratas, foi o tema da conferencia dunha das nosas expertas de hoxe, JULIA CAMARGO VIEIRA. Despois da súa exposición, mostrounos unhas fotos fantásticas dalgunhas das insólitas especies que viven en Madagascar. PARABÉNS, JULIA!!

21/2/17

CONFERENCIAS: O RÍO NILO

O noso experto de hoxe, RAMSÉS IGLESIAS CASTRO, ofreceunos unha estupenda conferencia sobre o RÍO NILO, o río máis longo de África e un dos máis longos do planeta. Na súa exposición achegounos unha morea de datos sobre o seu percorrido a través de once países, que agradecen as súas augas como un agasallo dos deuses, e como favoreceu o nacemento e esplendor dunha das grandes civilizacións da antigüidade. O seu nome, o seu curso, o caudal, como orixinou o xurdimento de grandes cidades nas súas beiras e moitas das curiosides que nos contou sorprendéronnos moito. Tamén nos trouxo moitas fotografías e un vídeo sobre cinco impresionantes crocodilos que nos deixaron abraiados, eran os cinco máis grandes do mundo!! Para rematar degustamos dúas tortas exquisitas, de orixe moi antiga, e que adoitaba saborear o mesmísimo faraón de Exipto!! Estaban riquísimas!!! PARABÉNS, RAMSÉS!!

20/2/17

CONFERENCIAS: O ESCORPIÓN

O noso experto de hoxe, ALEJANDRO SANTOMÉ LUIS, escolleu como tema para a súa conferencia a un animal invertebrado bastante descoñecido pero moi interesante, O ESCORPIÓN. Explicounos moitas cousas sobre a morfoloxía, a alimentación, o hábitat, os costumes e a orixe deste arácnido. Para complementar a exposición mostrounos algunhas imaxes, un pequeno exemplar pertencente á súa colección de invertebrados e unhas manualidades elaboradas con pasta de modelar. PARABÉNS, ALEJANDRO!!!

18/2/17

CONFERENCIAS: COSTA DE MARFIL

O noso experto deste venres, JORGE MOURE LÓPEZ, ofreceunos unha estupenda conferencia sobre COSTA DE MARFIL, outro país africano que nos asombrou e que nos encantou a tod@s. Descubrimos a súa xeografía, historia, economía, a súa espléndida riqueza cultural e a enorme variedade de ecosistemas. Os vídeos sobre unha impresionante basílica e sobre certas tradicións relixiosas dunha tribo indíxena sorprendéronnos moito. Ao finalizar a exposición, Jorge mostrounos a vestimenta destinada ás cerimonias, a casca do cacao, un dos principais cultivos, e unha morea de fotos da vida cotiá dos habitantes do país. Canto estamos aprendendo!! PARABÉNS, JORGE!!!

DESAFÍO AFRICANO

Para os que aceptastes o DESAFÍO podedes practicar cos mapas interactivos. ÁNIMO, VALIENTES!!!
http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/MapasAfrica.html