30/10/17

CHEGA O SAMAÍN!!!!!!

Para pasalo requetebén, cantar e bailar no Samaín:

28/10/17

ÓSCAR PARA O EQUIPO DE TERCEIRO!!!!

O venres, 27 de outubro, celebramos por todo o alto a reapertura da nosa biblioteca. Baixo o lema "UNHA BIBLIO DE CINE" festexamos ao estilo máis hollywoodiense a estrea de "PELICULETRAS". As nosas pequenas grandes estrelas posaron na alfombra vermella co ÓSCAR que eles mesmos outorgaban á súa lectura favorita, mostrando eses libros a fotógrafos e xornalistas. A xornada resultou emocionante e divertida e, con ilusión e entusiasmo, demostraron que a biblioteca e os libros teñen moito protagonismo nas vidas dos nosos nenos e nenas. A historia comezou hai varios días cando todas as aulas recibiron unha carta do noso amiguiño MIK onde nos convidaba a participar na festa e nos daba as consignas para que a actividade fora mooooi cinematográfica.
Chegado o día, cada grupo de alumnado tiña asignada a hora da visita á biblioteca, onde puideron ver a exposición de novidades, a exposición temática sobre o cine, recolleron as mochilas viaxeiras que comezarían ese mesmo día a súa andaina polos fogares do alumnado e, ademais, atoparon un doce e agarimoso agasallo de benvida do noso querido MIK. E, por suposto, os nenos e nenas de 4º de E. Infantil e todos aqueles que se incorporaron ao centro este curso recibiron a súa flamante carpeta da biblioteca co seu carné de usuari@
Despois acudiron ao salón de actos para presentarse ante as cámaras caracterizados de personaxes de películas e exhibindo o seu libro favorito. Tod@s estaban guapísimos!!!!
Se queredes ver as fotos que recollen cada momento deste día clic AQUÍ
ESTADES TOD@S!!!!!

27/10/17

LUCES, CÁMARAS, ACCIÓN!!!

Pois efectivamente, a iluminación é moi importante na rodaxe de calquera película e os potentes focos de distintas cores sempre están presentes en todos os platós. Grazas a CECILIA, tamén nós contamos con estes obxectos na nosa exposición, que cada vez é máis grande e interesante. Cecilia contounos como os elaborou e os materiais que empregou. E, ademáis, FUNCIONABAN!!! Gustáronnos moito!!! GRAZAS, CECILIA!!!

24/10/17

ROLLO DE PELÍCULA

É difícil de crer que non hai moito tempo as películas de cine filmábanse cuns rollos de cinta enormes. Así nolo contou hoxe Uxía coa súa preciosa manualidade. Tamén nos explicou como a fixo e os materiais que empregou. E ata lle puxo unha cinta con fotogramas en branco e negro cos directores de cine máis famosos da historia!!! Encantounos!!PARABÉNS, UXÍA!!!




ZOÓTROPO

Hoxe engadimos dous obxectos á nosa exposición sobre o cine. O primeiro foi un ZOÓTROPO chulísimo elaborado por Yzébel e a súa familia. Yzébel explicounos en que consistía ese artiluxio tan simpático e os materiais que empregou para facelo. Agora xa sabemos que este aparato é un dos antepasados do cine moderno. PARABÉNS, YZÉBEL!!!!!




20/10/17

GRAZAS, LAURA!!!!

Laura trouxo unha nova manualidade para a nosa exposición sobre o cine: unha cámara de vídeo moi feituca. Tamén nos explicou de marabilla como a elaborou e os materias que empregou. ENCANTOUNOS!!! Grazas, Laura!!!

18/10/17

GRAZAS, NICO!!!!

Como todos os grandes artistas, o equipo de terceiro vai facer un fantástico Photocall co logotipo da Metro-Goldwyn-Mayer que achegou para o PDI sobre o cine a familia de Nico. Que chulo!!! ENCANTOUNOS!!! MOITAS GRAZAS!!!

GRAZAS, CAROLINA!!

Carolina tróuxonos para ilustrar o tema de sociais que estamos rematando unha preciosa maqueta do sistema solar. Gustounos moito!!! PARABÉNS, Carolina!!!

EXPERIMENTAMOS COAS ACUARELAS!!!

Resultou toda unha experiencia traballar por primeira vez coas acuarelas. É unha técnica un pouco complicada pero ao equipo de terceiro nada lles dá medo. E fixérono XENIAL!!!

9/10/17

POESÍA

Vega inventou unha preciosa poesía ilustrada que xa está na corcheira para que tod@s a poidamos ler. Tamén a poñemos aquí para que TODO O MUNDO vexa o artistas que sodes (clic para agrandar).

ANIVERSARIO DE ANTÓN

Co gallo do seu oitavo cumpreanos, ANTÓN convidou ao equipo de terceiro a unha riquísima torta de chocolate. Estaba BOÍSIMA!!! GRAZAS, ANTÓN!!!!

8/10/17

HORA DE LER EN TERCEIRO

A "HORA DE LER": VINTE MINUTOS PARA A IMAXINACIÓN E A AVENTURA COS LIBROS!!!

Despois do recreo, ao igual que o resto do alumnado do centro, os nenos e nenas de terceiro gozan duns minutos de lectura cos libros que eles mesmos achegaron á biblioteca de aula. Aquí os temos mergullados na aventura de ler
“No hay espectáculo más hermoso que la mirada de un niño que lee”-Günter Grass