28/10/17

ÓSCAR PARA O EQUIPO DE TERCEIRO!!!!

O venres, 27 de outubro, celebramos por todo o alto a reapertura da nosa biblioteca. Baixo o lema "UNHA BIBLIO DE CINE" festexamos ao estilo máis hollywoodiense a estrea de "PELICULETRAS". As nosas pequenas grandes estrelas posaron na alfombra vermella co ÓSCAR que eles mesmos outorgaban á súa lectura favorita, mostrando eses libros a fotógrafos e xornalistas. A xornada resultou emocionante e divertida e, con ilusión e entusiasmo, demostraron que a biblioteca e os libros teñen moito protagonismo nas vidas dos nosos nenos e nenas. A historia comezou hai varios días cando todas as aulas recibiron unha carta do noso amiguiño MIK onde nos convidaba a participar na festa e nos daba as consignas para que a actividade fora mooooi cinematográfica.
Chegado o día, cada grupo de alumnado tiña asignada a hora da visita á biblioteca, onde puideron ver a exposición de novidades, a exposición temática sobre o cine, recolleron as mochilas viaxeiras que comezarían ese mesmo día a súa andaina polos fogares do alumnado e, ademais, atoparon un doce e agarimoso agasallo de benvida do noso querido MIK. E, por suposto, os nenos e nenas de 4º de E. Infantil e todos aqueles que se incorporaron ao centro este curso recibiron a súa flamante carpeta da biblioteca co seu carné de usuari@
Despois acudiron ao salón de actos para presentarse ante as cámaras caracterizados de personaxes de películas e exhibindo o seu libro favorito. Tod@s estaban guapísimos!!!!
Se queredes ver as fotos que recollen cada momento deste día clic AQUÍ
ESTADES TOD@S!!!!!

9 comentarios:

  1. Moló mucho la fiesta. Qué chulas las fotos.

    ResponderEliminar
  2. es el mejor colegio del mundo entero porque la fiesta estubo marabillosa

    ResponderEliminar
  3. Me gusto mucho salir al escenario

    ResponderEliminar
  4. O día da reapertura da biblioteca é un dos meus días favoritos porque xa podedes baixar a facerme visitas. Eu sempre estou desexando vervos por alí.
    A festa foi moi divertida, todos disfrazados e facendo fotos.
    Paseino requetebén con tod@s vós. Moitos bicos ratunos para tod@s!!!

    ResponderEliminar
  5. Fue mui guai gracias Mik

    ResponderEliminar