30/11/17

ANIVERSARIO DE XIÁN

Hoxe o noso compañeiro XIÁN agasallou ao equipo de terceiro cunhas riquísimas e orixinais tortas co motivo do seu aniversario. Estaban boísimas!!! Felicidades e moitas grazas, XIÁN!!!!

PELICULETRAS: MÁIS TRABALLOS

Un novo traballo para a biblioteca e o noso amiguiño Mik de LAURA e a súa familia. PARABÉNS, Laura!!! Gustounos moito!!!!

TEATRO NO COLE

Hoxe puidemos gozar dunha primicia teatral cun título moi simpático e orixinal: O vilán onomatopeico (ninguén é perfecto, meu!!!!). Os dous artistas que representaron a obra fixeron un traballo magnífico e axiña cautivaron ao noso esixente público. A historia dun cabaleiro malvado que non toleraba a música nin aos músicos gustou moito ao equipo de terceiro. As risas e os aplausos estiveron presentes durante todo o espectáculo. Pasámolo xenial!!!! Moitas grazas aos actores Carlos Godoy e Servando Trovador pola súa xenerosidade ao compartir con nós tan estupendo traballo.
Máis FOTOS AQUÍ

27/11/17

PELICULETRAS: PRIMEIROS TRABALLOS

Xa empezan a chegar os traballos que MIK encargou aos nenos e nenas e as súas familias. Son espectaculares!!!! PARABÉNS!!!

VISITA DO ALUMNADO DE SEGUNDO DE EP

Hoxe visitaron a nosa aula algúns nen@s de 2º de EP que nos viñeron ensinar moi amablemente os seus preciosos traballos de "PELICULETRAS". Tamén nos explicaron estupendamente como os os idearon e os materiais que empregaron. MOITAS GRAZAS!!!!

GLOBO TERRÁQUEO E COMPÁS

Desta vez foron VEGA e ALBA as que nos trouxeron uns interesantes obxectos relacionados co tema de C. Sociais: Un GLOBO TERRÁQUEO e un COMPÁS. As dúas nos contaron como funcionaban e como os conseguiran. MOITAS GRAZAS, VEGA E ALBA!!! ENCANTÁRONNOS!!!

26/11/17

ALFABETO BRAILLE

Moitas grazas a BRAIS polo libro que nos trouxo para mostrarnos como se escribe utilizando o alfabeto inventado por Luis Braille. Explicounos moi ben como era e por que o tiña a súa familia. Despois puidemos experimentar con el e comprobamos o difícil que é utilizando sólo o tacto interpretar os puntiños/letras. MOITAS GRAZAS, BRAIS!!! GUSTOUNOS MOITO!!!

25/11/17

UNHA PRIMICIA PARA O NADAL!!!

Pois non sei como fai este ratiño MIK para enterarse dos segredos que o profe Toniño garda para o Nadal. Grazas ás pescudas de MIK xa sabemos unha das cancións que soarán nese día especial. Aquí volas deixo para que vaiades ensaiando: Ssshhhh!! Dice o ratiño MIK que esta canción será o número navideño dos nenos e nenas de 1º e 2º de EP (non llo digades a ninguén!!!!)

PUNTOS CARDINAIS

Magosto 2017

O 8 de novembro celebramos no cole a festa do magosto. O equipo de terceiro participou co resto de compañeir@s en todos os xogos que estaban preparados para pasalo requetebén mentres se asaban as castañas. Cando estaban listas foron buscalas nos seus preciosos cestiños e comeron a fartar. Tamén houbo sesión de maquillaxe!!! Foi un día xenial!!!!
MÁIS FOTOS

18/11/17

HISTORIA DO CINE

Mirade que ben conta este neno a historia do cine: Pero... quen falta????? ALICE GUY!!!!

13/11/17

UNHA ESTRELA DA FAMA PARA O MESTRES GOLDAR!!!!!

Hoxe tivemos un fantástico obxecto para engadir á nosa exposición sobre o cine. Desta vez foi CAROLINA quen nos trouxo unha ESTRELA DA FAMA co nome do Mestres Goldar pois, ben é certo que a merece! Carolina explicounos estupendamente cal é o significado de posuir unha destas estrelas, quen foi a actriz que a acadou por primeira vez na historia e cal é o símbolo das diferentes artes que aparecen na estrela. Moi ben, CAROLINA!!!! ENCANTOUNOS!!!

11/11/17

PELICULETRAS: UNHA BIBLIO DE CINE

O noso amiguiño MIK non para e xa nos encargou unha nova tarefa. Desta vez, en colaboración coas nosas familias, teremos que ilustrar o lema da biblioteca: "PELICULETRAS, UNHA BIBLIO DE CINE". Seguriño que novamente quedaremos abraiados coa orixinalidade e a creatividade do noso alumnado. Todos os traballos estarán expostos nos corredores do centro. Xa estamos impacientes! Lembrade: temos ata o 4 de decembro. Ánimo e... a traballar!!!

9/11/17

COMPARTINDO EXPERIENCIAS CINEMATOGRÁFICAS

Hoxe tivemos uns convidados moi especiais!!!! Os nenos e nenas de sexto de E. Infantil subiron coa súa profe Rocío para ver a estupenda exposición sobre o cine que estamos facendo en terceiro de Primaria. O equipo de terceiro recibiunos con moita ilusión e agarimo e explicáronlle magnificamente a utilización e a elaboración de cada un dos obxectos. Tamén xogamos a ser leóns da Metro Goldwyn Mayer. Pasámolo xenial e aprendemos moito, pero o mellor foi sentir a marabillosa experiencia de compartir.
Máis fotos AQUÍ

NOVOS OBXECTOS PARA A NOSA EXPOSICIÓN SOBRE O CINE

Cada vez temos máis obxectos na nosa fantástica exposición!!! Desta vez Alina trouxo unha cámara de cine moi orixinal que ela mesma elaborou con materiais de refugallo e moitos debuxos feitos por ela. Gustounos moito!!! GRAZAS, ALINA!!!
E MOITAS GRAZAS tamén a Nico e á súa familia polo seu magnífico cinematógrafo. Encantounos!!! Parabéns, NICO!!!!