31/12/17

26/12/17

19/12/17

GALLETAS CINEMATOGRÁFICAS

Para celebrar a chegada do Nadal, Carolina agasallounos cunhas artísticas galletas mooooi cinematográficas. MOITAS GRAZAS, CAROLINA!!! ESTABAN BOÍSIMAS!!!

18/12/17

CALENDARIO CONFERENCIAS 17/18

Hoxe fixemos o sorteo das datas para facer as CONFERENCIAS deste curso. Agora só queda pensar cal é o tema que máis vos gusta para a vosa exposición. Podedes ver as conferencias dos cursos pasados, seguro que vos servirán de inspiración. Tamén debedes ler moi atentamente o documento "COMO PREPARAR UNHA CONFERENCIA" que atoparedes no panel lateral. ÁNIMO!!!!
https://drive.google.com/file/d/1l9ELxKPkLFa84Fvcwg8sTQBKgeKDUJlK/view?usp=sharing
(clic na imaxe para agrandar)

14/12/17

O HÁMSTER DE CAROLINA

Hoxe tivemos un convidado moi especial, o precioso hámster de CAROLINA!!! Encantounos o ben que nos explicou as características dos mamíferos e os costumes e habilidades deste animaliño. Gustounos moito. GRAZAS, CAROLINA!!!

13/12/17

ANIVERSARIO DE VEGA

Co gallo do seu aniversario, VEGA agasallou ao equipo de terceiro cunha preciosa torta de lambetadas. Ademáis de ser moi bonita estaba BOÍSIMA!!! GRAZAS, VEGA!!!

CHARLA SOBRE PRIMEIROS AUXILIOS

Onte, o alumnado do centro asistiu a unha interesante charla sobre primeiros auxilios impartida pola enfermeira Isabel Portela Ferreño. O equipo de terceiro acudiu ao salón de actos xunto cos nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Na sesión anterior personalizaron os seus coxíns pintando o debuxo dun neno no que destacaron o corazón, órgano que sería o protagonista das posibles intervencións de primeiros auxilios. Tod@s estiveron moi atentos e aprenderon un montón. GRAZAS, ISABEL!!! ENCANTOUNOS!!!
ADRIANA conta moi ben esta experiencia:
Podedes ver moitas fotos AQUÍ

11/12/17

C. NATURAIS: OS ANIMAIS

Hoxe comezamos en C. Naturais un tema apaixoante que nos levará polo interesante mundo dos animais. Arredor deles faremos pequenas investigacións para elaborar o noso particular álbum de animais. Finalmente faremos un ciclo de conferencias de "expert@s". Pasarémolo xenial e aprenderemos moitas cousas. Para comezar realizaremos as seguintes actividades interactivas. Primeiro lede ou escoitade (premendo no dado amarelo) atentamente toda a información e despois respondede. ADIANTE!!!
https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1338908336/contido/animais.html

9/12/17

PELICULETRAS: EXPOSICIÓN

Xa podedes ver moitas fotos dos traballos de PELICULETRAS en "O RECANTO DE MIK" ou clicando na imaxe de abaixo. PARABÉNS A TOD@S!!!!

2/12/17

VISITA Á BIBLIOTECA JUAN COMPAÑEL

O pasado venres, o equipo de terceiro visitou a biblioteca municipal Juan Compañel. Aprenderon moitas cousas sobre a súa historia e tamén sobre os moitos servizos que presta á cidade. A sección infantil e xuvenil conta cunhas instalacións moi atractivas e cunha morea de materiais que fixeron as delicias de tod@s. E como os nenos e nenas de terceiro son grandes lectores, case tod@s quixeron facerse co carné de usuari@s. FANTÁSTICO!!!
Máis fotos AQUÍ