21/12/18

FELICES FIESTAS!!!!

DESAFÍO PICTÓRICO Nº 4

Para estas vacacións tendes un novo desafío pictórico. Seguro que o adiviñades axiña:

18/12/18

DESAFÍO PICTÓRICO Nº 3

Xa temos novo desafío pictórico!!! Este é moi fácil!!! Unha obra moi coñecida dun pintor moi famoso!!!

15/12/18

13/12/18

AS CONFERENCIAS DE CUARTO

Hoxe levamos a cabo o sorteo das quendas para as conferencias de expert@s do curso 18/19. Algúns de vós xa aproveitastes para escoller o temas da vosa exposición. Aquí vos deixo o calendario xunto coas normas que deberedes ter en conta. (Clic nas imaxes para velas máis grandes)

11/12/18

MANTEIS MOI ARTÍSTICOS!!!

Hoxe, na clase de E. Plástica, estreamos uns manteis moi artísticos para non manchar as mesas coas pinturas. Aproveitámolos para facer un recordatorio de obras e autores. Cantos pintores coñecemos xa!!!

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS SOBRE ESPAZOS NATURAIS PROTEXIDOS

Hoxe levamos a cabo a última tarefa dos traballos en equipo que consistiu en expoñer aos compañeir@s o resultado das pescudas xunto co procedemento de elaboración. Para iso, cada equipo decidiu a posta en escea e os encargados de transmitir a información. Para rematar fixemos unha rolda de opinións e propostas de mellora. PARABÉNS A TOD@S polo espléndido traballo!!!
Podes ver máis FOTOS AQUÍ

EXIPTO

Ao fío do tema de C. Sociais que estudamos, CAROLINA trouxo varios obxectos moi interesantes relacionados co antigo EXIPTO: Un precioso pergamino, unha completa vestimenta feminina, un frasco para o perfume, dúas figuras representando a Osiris e Tutankamon, e unha pirámide de Lego que puidemos ver por dentro e onde non faltaba ningún detalle, incluído o sarcófago coa súa momia. Tamén achegou información sobre as pirámides. Encantounos!!! GRAZAS, CAROLINA!!!!

DESAFÍO PICTÓRICO Nº2

Xa temos un novo desafío para os investigadores e investigadoras de cuarto de EP. Seredes capaces de atopar os datos correspondentes a esta pintura??

10/12/18

CONTA ATRÁS

Seguimos coa conta atrás para chegar ao Nadal co calendario de adviento. Hoxe tocou abrir catro sobres nos que atopamos as pezas que faltaban para completar o puzzle da pintura de Leandro Lamas:
Tamén descubrimos anécdotas sobre pintores famosos como Picasso e saboreamos o queixo Camembert, que foi a inspiración de Dalí para o seu cadro "A persistencia da memoria"
(Clic na imaxe para ver máis fotos)

8/12/18

CALENDARIO DE ADVENTO

O alumnado do centro está embarcado nunha nova actividade proposta pola biblioteca do centro. Trátase de ir descubrindo cada día, ata a chegada do Nadal, das sorpresas e curiosidades que se agochan nos sobres do calendario de adviento que está colocado nos paneis. Este ratiño ten unhas ideas moi divertidas!!! GRAZAS, MIK!!!

REPASANDO SOCIAIS

Ao rematar o tema de C. Sociais o alumnado fixo un repaso por equipos utilizando a pizarra dixital. BO TRABALLO!!!

ANIVERSARIO DE XIÁN

Co gallo do seu noveno aniversario XIÁN agasallou a toiod@s os compañeir@s cunha riquísima torta de barquillo e chocolate. ESTABA BOÍSIMA!!! GRAZAS, XIÁN!!!

OBXECTO EXIPCIO

Violeta trouxo un obxecto da vestimenta exipcia feminina. Trátase dunha especie de rede que se coloca na cabeza das mulleres e que decora o seu cabelo. Gustounos moito. GRAZAS, VIOLETA!!!

3/12/18

DESAFÍO PICTÓRICO Nº 1

Hoxe iniciamos unha serie de desafíos arredor do PDI que consistirán en averiguar o título, o autor, a época e o século ou ano dos cadros que vaian aparecendo na aula e que tamén atoparedes aquí. Podedes facer unha busca por imaxe en GOOGLE e axiña atoparedes os datos. En ocasións haberá algunhas pistas para dirixir as vosas pescudas. ÁNIMO e a PARTICIPAR!!!
Aquí tendes a primeira proposta:
PISTA: A pintura representa unha santa e o autor desta obra non está no noso percheiro. Saberías completar os seguintes datos?
TÍTULO:
AUTOR:
ÉPOCA:
SÉCULO ou ANO da pintura:

26/11/18

MOITAS GRAZAS!!!

Moitas grazas aos nenos e nenas de 5º de E. Infantil polos preciosos agasallos que nos fixeron a TOD@S os padriños e madriñas magosteir@s. Estivemos encantad@s de compartir con vós ese día tan fantástico!!!