31/1/18

CINE, CINE, CINE...

Como sabedes, todo o alumnado do centro está traballando nunha reportaxe arredor de dúas figuras moi significativas dentro do mundo do cine. Trátase do realizador DANI DE LA TORRE e do músico e compositor MANUEL RIVEIRO. Para que teñades unha primeira aproximación a estes artistas, o profe Antonio preparou as seguintes presentacións. GRAZAS, PROFE ANTONIO!!!!

29/1/18

MÁIS TRÉCOLA.COM

Como axiña teremos unha nova edición do informativo do cole, déixovos unhas lembranzas:

26/1/18

CALENDARIO "CONTA ATRÁS" PARA O ENTROIDO

Xa están completos os paneis de xaneiro e febreiro coas sorpresas que iremos descubrindo ata que cheguemos ao 1º DÍA GRANDE, o domingo de entroido. Cada día sinalado imos con moita curiosidade para saber que atoparemos dentro do sobre. O próximo luns abriremos o que ten o número 27 e o número 28!!!
AH!!! Non esquezades que o día 29 comeza a exposición sobre o ENTROIDO DE MACEDA onde descubriredes cousas moi interesantes e curiosas. Animamos a todas as familias para que visitedes esta fantástica exposición!

GLOBO TERRÁQUEO ELECTRÓNICO

IKER tróuxonos un fantástico globo terráqueo que podía darnos moitísima e moi variada información sobre todos os países do planeta: o clima, a súa capital, a moeda, os gobernantes e incluso algunhas curiosidades como canto se tarda en chegar a un lugar desde outro. ENCANTOUBOS!!! GRAZAS, ÍKER!!!!

23/1/18

XA VÉN O ENTROIDO!!!

Aquí vos deixo unhas actividades moi chulas para aprender unha morea de cousas interesantes sobre o Entroido Tradicional Galego:

15/1/18

APRENDEMOS A DIVIDIR

(Recuerda que para dividir es muy importante saber las tablas de multiplicar. Si todavía no las sabes bien, apréndelas jugando AQUÍ)

Puedes jugar con el pizzero MARIO, a ver si consigues alguna de sus pizzas!!!
http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/zonaalumnos/tkPopUp?pgseed=1184874432289&idContent=8940&locale=es_ES&textOnly=false
Dividir es bastante fácil, ya lo verás. Practica con estas actividades y aprenderás rápidamente. Empieza con "ejercicios previos" y luego haces el primer "resuelve". ¿Serás capaz? 
http://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/eltanquematematico/ladivision/ladivision_p.html
TAMBIÉN PUEDES INTENTARLO AQUÍ:
PORTAL DE MATEMÁTICAS: http://www.thatquiz.org/es/
Si quieres practicar las divisiones debes seguir estos pasos. Haz click aquí, luego haces click en Aritmética, después seleccionas dividir, y si estás aprendiendo también debes seleccionar Sencillo. Ya podrás practicar tus divisiones.

11/1/18

ANIMAIS INVERTEBRADOS

Para diferenciar os insectos dos arácnidos podedes ir aprendendo e cantando este "Rap dos arácnidos". É moi divertido!!! Tamén podedes ver este impresionante vídeo que nos mostra un corto documental de 4 minutos que National Geographic fixo sobre a Araña errante brasileira. Está en inglés pero paga a pena velo.

COCO

Hoxe coñecemos a COCO, a mascota de BRAIS, un hámster moi feituco que lle trouxeron os Reis Magos a el e ao seu irmán. Explicounos moi ben as súas características, os seus costumes e todo o relacionado co seu coidado. Encantounos!!! GRAZAS, BRAIS!!!!
(Clic AQUÍ para ver máis fotos)

STAR WARS: UN ENTROIDO DE PELÍCULA!!!

Xa temos papel estelar no ENTROIDO 2018!!! Seremos persoaxes da famosísima película Star Wars. Tamén faremos unha coreografía superchula que haberá que ensaiar moito. Aquí vola deixo para que vaiades aproveitando os momentiños libres que teñades:

8/1/18

COMEZA O SEGUNDO TRIMESTRE!!!

Benvid@s ao 2018 e ao segundo trimestre do curso!!!! Despois do merecido descanso toca empezar con forzas renovadas o segundo tramo desta viaxe. ÁNIMO a tod@s!!! Aproveitamos para lembrar o calendario e os temas das conferencias que faremos durante o mes de febreiro. Como xa vos teño dito, é moi recomendable que vexades as conferencias dos compañeir@s doutros anos. Seguro que vos darán moitas ideas (clic na imaxe para agrandar).
https://www.dropbox.com/s/qptk5zrboyz66u3/calendario_conferencias_temas1718.pdf?dl=0