28/2/18

REMATAN AS CONFERENCIAS SOBRE ANIMAIS VERTEBRADOS

Hoxe finalizou o ciclo de conferencias deste curso. Moitas felicidades polo fantástico traballo, non só como expert@s senón tamén como público atento e respectuoso. Moitas grazas ás familias pola implicación e a colaboración que fixeron posible esta actividade. MOITOS PARABÉNS A TOD@S!!!!
https://www.youtube.com/playlist?list=PLYnexCbqnL5m_-9OUUo8e5VVTaDSuAVwq&disable_polymer=true

CONFERENCIAS: O MORCEGO

A nosa segunda experta de hoxe, ALBA FERNÁNDEZ MARTÍNEZ, escolleu como tema da súa conferencia a un curioso animal, O MORGEGO, o único mamífero existente que pode voar. Alba explicounos moi ben cales son as súas características, a súa alimentación, o seu hábitat, a súa reprodución, os diferentes tipos, os beneficios que achega ao medio... Tamén nos mostrou un vídeo moi interesante co que descubrimos que a mala sona que ten este animal está baseada en moitas crenzas que non se corresponden coa realidade e descubrimos que, por desgraza, este mamífero tamén se atopa en perigo de extinción. Para complementar a súa exposición agasallou a todos os compañeiros cun simpático pin de morcego. Grazas a Alba comprendemos que o morcego é un dos animais más fascinantes da natureza e o equipo de terceiro declárase o seu fan e defensor. Encantounos!!! PARABÉNS, ALBA!!!

CONFERENCIAS: O CABALO

A primeira experta de hoxe, LAURA ALONSO ESTÉVEZ, ofreceunos unha estupenda conferencia sobre O CABALO, un noble e elegante animal do que, aínda que nos resulta bastante familiar, descoñeciamos moitas cousas sorprendentes. LAURA falounos da súa anatomía, das súas cores e manchas, do seu comportamento, das diferentes razas e dos seus aires. Tamén nos mostrou unhas imaxes de cabalos famosos que nos encantaron. Para finalizar a súa exposición, Laura explicou moi ben como realizou un orixinal marcapáxinas con forma de cabalo que serviu como agasallo para todos os compañeir@s. Gustounos moito!! PARABÉNS, LAURA!!!







27/2/18

CONFERENCIAS: O PEIXE PALLASO

O terceiro experto de hoxe, YANDEL GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, escolleu un simpático e moi atractivo peixiño para a súa conferencia, O PEIXE PALLASO. Yandel explicounos que se trata dun animal moi curioso e bonito pola fermosa combinación das cores branca e laranxa. Quedamos moi sorprendidos pola particular amizade que teñen coas anémonas velenosas e impresionounos a capacidade que teñen para cambiar de sexo segundo as súas necesidades. Incrible!!! Por suposto, Yandel tamén nos falou da súa alimentación, do seu hábitat, da súa alimentación... Ao rematar a súa exposición mostrounos moitas fotografías. Encantounos!!! PARABÉNS, YANDEL!!!






CONFERENCIAS: A PANTEIRA NEGRA

O segundo experto de hoxe, ÍKER GÓMEZ DE JESÚS, escolleu un precioso animal para tema da súa conferencia: A PANTEIRA NEGRA. Na súa explicación, IKER contounos un dato que nos sorprendeu moito, pois explicounos que a panteira negra é en realidade un leopardo ou xaguar coa pelaxe completamente negra debido á melanina. Tamén nos impresionou porque é unha magnífica cazadora, vive en solitario e en épocas antigas era moi temida e incluso venerada. Resultounos moi interesante. Tamén nos mostrou diferentes fotografías. Encantounos!!! PARABÉNS, ÍKER!!!

CONFERENCIAS: LEÓN MARIÑO

O primeiro experto de hoxe, NICOLÁS NORES LÓPEZ, ofreceunos unha fantástica conferencia sobre o LEÓN MARIÑO, un animal que en moitas ocasións se confunde coas focas. Nicolás aprendeunos a diferencialas, explicounos as súas características, a súa anatomía, a alimentación, o seu hábitat e os seus depredadores, así como das ameazas que teñen que enfrentar no seu hábitat natural. Impresionáronnos algúns datos que nos achegou como o feito de que son moi intelixentes e que viven en colonias de miles de individuos. Resultounos un animal fascinante. Nicolás ilustrou a súa exposición con preciosas fotografías, un mapa de localización das especies no mundo e unha familia de leóns mariños elaborados coa técnica do origami. Encantounos!!! PARABÉNS, NICOLÁS!!!

EL DINERO

Realiza las siguientes actividades:
http://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/TERCERO/datos/03_mates/U03/unidad03.htm

26/2/18

CONFERENCIAS: O GOLFIÑO

O noso segundo experto de hoxe, ÓSCAR FILGUEIRAS COMESAÑA, elexiu para a súa conferencia a un simpático animal que nos encandilou a tod@s, O GOLFIÑO. Óscar achegounos moitos datos sobre a anatomía destes mamíferos, a súa alimentación, reprodución, costumes... Tamén nos enteramos de que son moi pacíficos, que non se asustan coa presencia dos humanos e que son moi xoguetones e moi, moi intelixentes. Óscar tamén nos mostrou moitas fotografñias e dous vídeos moi interesantes xunto cun libro moi bonito. Ao rematar a súa exposición, Óscar agasallou aos compañeir@s cunha manualidade que realizou coa axuda da súa familia: un precioso golfiño feito con pinzas e goma-eva. Encantounos!!! PARABÉNS, ÓSCAR!!!

CONFERENCIAS: OSO POLAR

Os nosos expert@s de hoxe, CECILIA GESTEIRA RIOBÓ e ÓSCAR FILGUEIRAS COMESAÑA, escolleron como temas das súas conferencias dous animais que nos encantaron a tod@s: o OSO POLAR e O GOLFIÑO. CECILIA explicounos como viven os OSOS POLARES nas zonas máis frías da terra. Falounos da súa alimentación, da súa reprodución, dos seus costumes, achegounos datos moi curiosos e mostrounos preciosas fotografías. Tamén puidemos ver un vídeo que nos tocou o corazón porque nos decatamos, unha vez máis, de que o ser humano é o maior causante do deterioro do noso planeta. Para rematar a súa exposición, Cecilia agasallou a todos os compañeir@s cunha carteira moi xeitosiña coa forma dun oso polar. Gustounos moito!!! PARABÉNS, CECILIA!!!