8/2/18

CONFERENCIAS: FALCÓN PELERÍN

Hoxe gozamos de dúas conferencias que nos ofreceron os nosos expertos DAVID FERNÁNDEZ e MARIO SÁNCHEZ. O primeiro escolleu o FALCÓN PELERÍN como protagonista da súa exposición. Foi unha charla moi completa que tratou todos os aspectos relacionados con esta ave. Quedamos impresionad@s polas técnicas de caza que emprega e a supervelocidade que é capaz de acadar. David acompañou a súa exposición con fotografías e cun vídeo moi interesante. Gustounos moito! PARABÉNS, DAVID!!!
Se queredes ver de novo o vídeo que nos mostrou David, clic na seguinte ligazón: https://youtu.be/209iqEku97A

4 comentarios: