21/2/18

CONFERENCIAS: O GUEPARDO

O GUEPARDO foi o protagonista da conferencia da nosa segunda experta de hoxe, ALBA RIVAS. Aprendemos moitas cousas sobre este magnífico animal, o máis veloz e áxil do mundo. Pero, como ocorre con moitos outros animais, este felino está ameazado debido ao preocupante deterioro do seu hábitat. Ademáis das impresionantes imaxes, Alba tamén nos mostrou nun vídeo a enorme velocidade que poden acadar e puidemos ver, a cámara lenta, a precisión dos seus movementos. Aprendemos que os quepardos non poden ruxir e escoitamos a súa voz, que se asemella o chío dun paxaro! Alba tamén achegou unha complicada e moi bonita manualidade que elaborou coa axuda da súa familia: un impresionante guepardo de origami!! Gustounos moito!!! PARABÉNS, ALBA!!!

1 comentario:

Sólo se publicarán comentarios respectuosos que utilicen un vocabulario e contidos axeitados. Este é un espazo educativo. Moitas grazas.