15/2/18

CONFERENCIAS: O OSO PANDA

Hoxe tivemos dúas novas e moi interesantes conferencias. A nosa primeira experta, CAROLINA IGLESIAS LÓPEZ, escolleu o OSO PANDA como protagonista da súa exposición. Carolina achegou moitos datos sobre estes animais: a súa alimentación, como se reproducen, o seu hábitat, os seus costumes... Tamén coñecemos a historia de CHULIN, un panda moi famoso que naceu e viviu no zoo de Madrid. Para completar a súa presentación, mostrounos un vídeo e unha morea de fotografías, xunto cun libro moi bonito sobre CHULIN. Coa axuda da súa familia, elaborou dúas preciosas manualidades coas que agasallou a tod@s: un peluche feito de pompóns de lá e unha caixa moi feituca que contiña galletas en forma de osiño e un marcador con información. Por certo, as galletas estaban boísimas!!! PARABÉNS, CAROLINA!!!

4 comentarios:

  1. Me gusto mucho la manualidad que hiciste del oso panda de pompones y las galletas estaban muy ricas.

    ResponderEliminar
  2. Fue interesante la conferencia.

    ResponderEliminar