5/2/18

CONFERENCIAS: OS COALAS

Comeza o ciclo de conferencias deste curso cunha fantástica exposición sobre os COALAS da nosa experta Uxía Fandiño Santiago. A súa alimentación, a reprodución e o seu hábitat foron algúns dos datos que nos achegou. Foi xenial, aprendemos moitas cousas interesantes e curiosas e cada vez gústannos máis estes animaliños tan simpáticos. Estivemos moi atentos ás explicacións e despois participamos nas quendas de preguntas e dúbidas que Uxía resolveu moi ben. Como lembranza da súa conferencia, agasallounos cuns feitucos coalas de origami que nos servirán como marcapáxinas. Encantounos!! PARABÉNS, UXÍA!!
Xa temos o vídeo!!!

3 comentarios:

  1. Uxía, tu conferencia fue interesante. Me gustó.

    ResponderEliminar
  2. Gracias por el coala, me tienes que enseñar como se hace,

    ResponderEliminar
  3. Me gusto mucho tu conferencia.

    ResponderEliminar