23/3/18

FELICES PASCUAS!!!

Hoxe rematamos o segundo trimestre e o equipo de terceiro estaba desexando que chegaran as vacacións para descansar do traballo e aproveitar para pasalo requetebén. Como actividade final elaboraron unha preciosa tarxeta coa que agasallar aos compañeir@s e demostrar que forman un gran equipo. Despois, cadaquén puido ler as agarimosas mensaxes que recibiron. XENIAL!!!
FELIZ DESCANSO A TOD@S!!!!
Podes ver máis fotos AQUÍ

22/3/18

MEDIDAS DE LONGITUD

SISTEMA MÉTRICO: FICHAS PDF

17/3/18

ANIVERSARIO DE ALINA

ALINA tamén compartiu co equipo de terceiro unha preciosa e riquísima torta de crema e chocolate para celebrar o seu noveno cumpreanos. Estaba boísima!!! Moitas GRAZAS e FELIZ ANIVERSARIO!!!

12/3/18

ANIVERSARIO DE ADRIANA

Co gallo do seu noveno cumpreanos, ADRIANA convidou aos compañeir@s de terceiro a unha riquísima torta de crema e chocolate que encantou a tod@s. Moitas grazas e FELIZ ANIVERSARIO!!!

MOEDAS E HUSOS HORARIOS

Carolina compartiu co equipo de terceiro un globo terráqueo moi chulo que nos achegou moita información sobre os husos horarios e a moeda oficial de calquera país do mundo. ENCANTOUNOS!! Grazas, CAROLINA!!!

5/3/18

MEÑIQUE Y EL ESPEJO MÁGICO

Hoxe comezamos o visionado da longametraxe de animación, Meñique y el espejo mágico. Como xa sabedes, a música é do compositor galego Manuel Riveiro en colaboración co cantante cubano Silvio Rodríguez. Nos próximos días faremos a ficha técnica do filme e traballaremos cos personaxes da historia. Na seguinte ligazón atoparedes moita información:
http://www.ficcion-producciones.com/menique/gl/index.html