30/4/18

GENTILICIOS

RECUERDA: El gentilicio es el adjetivo que se utiliza para referirse a las personas o cosas de un lugar, es decir, que informa de qué localidad, provincia, comunidad o nación proceden. La mayoría de los gentilicios se forman con las terminaciones: -ano/-ana, -ino/-ina, -és/-esa, -eño/-eña y -ense: asturiana, mallorquina, aragonés, madrileño, burgalés...
http://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/QUINTO/datos/01_Lengua/datos/rdi/U09/02.htm

25/4/18

CANTOS E RITMOS DE ÁFRICA NEGRA

O alumnado de terceiro e cuarto de EP asistiu a unha actividade patrocinada polo Concello de Vigo e realizada pola Escola Municipal de Música de Vigo (EMMVI). O concerto didáctico CANTOS E RITMOS DA ÁFRICA NEGRA é unha viaxe na que un explorador na procura dunha exótica especie de bolboreta, rememora as súas vivencias en diferentes países do continente africano. Neste percorrido achegámonos á riqueza cultural e musical destes países que, ademais de transmitir valores universais, está completamente ligada á vida diaria da súa xente. Nas diferentes músicas escoitamos como a voz, a danza e os instrumentos mestúranse poderosamente a través de melodías sinxelas fortemente enriquecidas polo seu ritmo. Os nosos parabéns para os mestres da Escola Municipal de Música de Vigo, á Concellería de Educación e ao Concello de Vigo, pola organización deste concerto didáctico de gran calidade e tan enriquecedor para tod@s. Unha das cancións que se ofreceron no espectáculo podedes oíla no seguinte vídeo. grazas á xenerosidade de Cra Tics, publicado o 18/05/2013: KOKOLEOKO. Neste video tedes a tradución da cantiga africana de Ghana.
PASÁMOLO XENIAL!!!

24/4/18

SEMANA DA POESÍA 2018: SEGUNDA XORNADA

PARABÉNS ao equipo de TERCEIRO polo magnífico recitado que nos ofreceron hoxe na SEMANA DA POESÍA!!! FOI UN TRABALLO FANTÁSTICO que nos encandilou a tod@s!!!!!! Na segunda xornada da SEMANA DA POESÍA foron os nenos e nenas de terceiro e cuarto de E. Primaria os que ofreceron os seus poemas aos compañeir@s de quinto e sexto de EP, aos que agradecemos moito a sua atención e os seus aplausos. PARABÉNS a tod@s!!!
Os nenos e nenas de TERCEIRO fixéronno XENIAL!!! PARABÉNS!!!
Para ver os recitados de CUARTO visitade O recanto de MIK

23/4/18

MÁIS OBXECTOS PARA A NOSA EXPOSICIÓN

ÍAN tróuxonos novos obxectos para a nosa preciosa exposición sobre o cine. Mostrounos dous anacos de película e explicounos moi ben o procedemento de filmación e proxección e enterámonos de que fan falta 24 fotogramas para obter un segundo de película. Tamén nos achegou varios carteis de películas que contiñan a ficha técnice e moita información. MOITAS GRAZAS, ÍAN!!!

COMEZA A SEMANA DA POESÍA!!!

Hoxe comezaron os recitados da SEMANA DA POESÍA. O equipo de terceiro foi un público estupendo que escoitou atentamente e aplaudiu o traballo dos compañeir@s de quinto e sexto de EP. Podedes velo se visitades O RECANTO DE MIK
http://www.blogoteca.com/orecantodemik/index.php

22/4/18

DÍA MUNDIAL DO LIBRO 2018

O 23 de abril celébrase o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor e desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edítase o díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2018. Acudiuse, como en anos anteriores a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso ao escritor, poeta e editor Fran Alonso, quen xenerosamente cedeu un texto para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose nas posibilidades e nos efectos da lectura.

20/4/18

SONRISAS POR TIRITAS

A ANPA do noso centro organizou para todo o alumnado unha preciosa exposición de fotografías e unha emotiva charla para dar a coñecer o espléndido traballo que realiza a asociación Berce co seu programa SONRISAS POR TIRITAS. Recoméndovos moi vivamente que visitedes a súa web, onde atoparedes moita información acompañada de preciosas imaxes que recollen todas as súas fantásticas actividades: http://sonrisasportiritas.blogspot.com.es/

CHEGA A PRIMAVERA

Para recibir a primavera, o equipo de terceiro está realizando unhas bonitas flores nas sesións de E. Plástica. Están quedando preciosas!!!

SAÍDAS EDUCATIVAS: NA PERCURA DO TESOURO

A semana pasada os nenos e nenas de terceiro e cuarto de EP fixeron unha saída educativa para asistir ao espectáculo de música e teatro "Na percura do tesouro", dentro do programa de actividades escolares patrocinadas por Afundación. A historia conta como Xurxo axudará a Moura a liberarse das mentiras e os enganos da malvada Serpe para o que terá que descifrar os enigmas e superar as probas para atopar o tesouro, A LINGUA, o auténtico tesouro colectivo; un tesouro que só ten valía se o compartimos e o respectamos.

3/4/18

COMEZA O TERCEIRO TRIMESTRE!!

Despois dunhas merecidas vacacións, comezamos o terceiro trimestre con moita ilusión e moita enerxía. BENVID@S a tod@S!!!