22/5/18

ENCONTRO CON ANA ALONSO

Hoxe recibimos na nosa biblioteca a Ana Alonso, autora do libro que estiveron lendo os nenos e nenas de terceiro de Primaria, Misión Terra 5. Ana falounos da súa paixón pola lectura e pola escritura desde que era moi cativa e da súa ilusión por convertirse escritora. Contounos como imaxinaba as historias, os personaxes, as aventuras..., como colaboraba co seu marido para facer algunhas novelas e como gozaba coa súa profesión. Tamén nos explicou detalles sobre o argumento do libro que traballamos e gustoulle moito o mural que preparamos para ela. O encontro resultou moi agradable e, despois de contestar todas as preguntas que lle plantexamos, firmou os nosos exemplares. MOITAS GRAZAS, ANA, POLA TÚA VISITA!! AGARDAMOS QUE VOLVAS AXIÑA!!
Ver FOTOS AQUÍ

11/5/18

ELABORACIÓN DO MAIO

O equipo de terceiro colaborou moi activamente na elaboración do MAIO deste curso. Con toda a ilusión e moito entusiasmo fixeron os feixiños de fiuncho e revestiron de verde parte da estrutura. Como sempre, demostrando moita implicación e interese. MOI BEN!!!
VER FOTOS

VOTACIÓNS

O alumnado de terceiro e cuarto decidiu democráticamente o título do conto colectivo deste curso. O procedemento foi sinxelo: o equipo de terceiro fixo a proposta de varios títulos consensuados por grupos. Estas propostas foron votadas polos nenos e nenas de cuarto. Na primeira volta quedaron empatados "Aventuras de cine" e "Persigue os teus soños", polo que foi necesaria unha segunda rolda de votacións. Despois do segundo escrutinio resultou gañador "PERSIGUE OS TEUS SOÑOS". Parabéns a todo o alumnado polo seu comportamento respectuoso e pola natural aceptación do resultado. Unha aprendizaxe moi importante como persoas e como cidadáns.
FOTOS

9/5/18

ENCONTRO CON ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

Hoxe recibimos a visita de Antonio García Teijeiro, autor do libro de poemas que estivemos lendo durante as últimas semanas. Gozamos moito durante a lectura, xa que xogamos cos ritmos e a musicalidade dos versos, aprendemos o divertido que é ler poesía e tamén descubrimos que somos capaces de creala. Para culminar a experiencia coñecemos ao escritor que fixo posibles momentos tan agradables. Gustounos moito falar con el, recitarlle, e incluso cantarlle, moitos dos seus poemas, polo que se mostrou encantado e agradecido. Tamén nos felicitou polo espléndido mural que lle tiñamos preparado. Foi fantástico!!! Ao rematar, asinou moi amablemente os nosos exemplares. MOITAS GRAZAS, ANTONIO!!!
Podedes ver todas as fotos AQUÍ

8/5/18

RECTAS Y ÁNGULOS

Comenzamos tema de Matemáticas. Atent@s a los siguientes vídeos: