24/6/18

FELIZ VERÁN 2018!!!!

Xa rematamos o curso 2017/2018!!! Despois de moitos días de aprendizaxe, de esforzo, de vivencias, de emocións, de experiencias novas e de moitos xogos compartidos, chega o momento do descanso e da diversión coa familia e cos amigos. Moitos PARABÉNS a tod@s polo voso espléndido traballo e moitas GRAZAS ás familias pola súa axuda, pola súa implicación e pola súa constante colaboración. FELIZ VERÁN 2018!!!!

23/6/18

OCIO PARA PEQUES NESTE VERÁN

Nas seguintes ligazóns podedes atopar moitas actividades para este verán, para gozar cos amigos e coas familias. O verán está cheo de diversión na nosa cidade!!!!
VARIOS:
http://www.littlevigo.com/
CAMPAMENTOS DE VERÁN
http://www.littlevigo.com/campamentos-verano-vigo-2018/
CONCELLO
http://hoxe.vigo.org/movemonos/infancia_ocio.php?lang=cas#/
VIGOPEQUES:
https://www.vigopeques.com/
E MOITOS MÁIS!!! Estade atentos!!!

EXCURSIÓN XUÑO 2018


(clic no cadradiño para agrandar)

22/6/18

FESTIVAL FIN DE CURSO 17/18

Aínda que os protagonistas do festival de FIN DE CURSO son os nenos e nenas de 6º de E. Infantil e os de 6º de Primaria, o equipo de terceiro tamén colaborou ao éxito da festa, tanto cos seus aplausos como coa súa fantástica coreografía. Sodes estupend@s!!!! AGARDANDO QUE COMECE O ESPECTÁCULO:
BAILANDO COMO AUTÉNTIC@S ARTISTAS:

19/6/18

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 17/18

O QUE IMOS VISITAR:
CASTELO DE VILASOBROSO
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/castelo-de-sobroso/
CASTRO DE TROÑA
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/comarca-do-condado/ponteareas/trona/
MONDARIZ-BALNEARIO

RÍO TEA
https://es.wikipedia.org/wiki/R%C3%ADo_Tea

ANIVERSARIO DE ALBA R.

Xa case no último día de clase aínda tivemos unha fantástica celebración, o cumpreanos de Alba R. Os compañeir@s saborearon unha riquísima torta de biscoito de chocolate. Estaba BOÍSIMA!!!! GRAZAS, ALBA, e moitos PARABÉNS!!!!

16/6/18

SEMANA DA MÚSICA: ACTUACIÖN DO ALUMNADO DE TERCEIRO

Hoxe tocoulle aos artistas do Equipo de Terceiro presentar no escenario os seus números de baile para A SEMANA DA MÚSICA. Eles mesmos idearon a coreografía, organizaron grupos e vestiario, pensaron na música... E fixérono XENIAL!!! PARABÉNS A TODOS!!! SODES UNS ARTISTAS!!!

CONSTRUCIÓN DE POLIEDROS

Entre festa e festa tamén temos tempo para traballar cos POLIEDROS. Con palillos e plastilina construíron varias figuras que despois debían analizar seguindo as pautas dunha ficha. Saíunos xenial!!! Fixémolo moi ben!!!