9/6/18

UN ZOO PARA SIEMPRE

O pasado xoves, os nosos compañeir@s Alina, Óscar e Brais fixeron a presentación "oficial" do seu magnífico conto Un zoo para siempre, traballo que realizaron na aula de AL coa axuda e supervisión da profe Ana. Contáronnos todo o proceso da creación en equipo, desde a primeira "choiva de ideas" para escoller o título, pasando pola elección e caracterización dos personaxes, a toma de decisións para o espazo e o tempo, ata as ilustracións. Por último, fixeron unha estupenda sesión de lectura do conto. Tamén nos agasallaron cun exemplar para a nosa biblioteca de aula. Gustounos moitísimo. Moitas GRAZAS e moitos PARABÉNS polo voso espléndido traballo!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario