27/9/18

NOVOS CADROS PARA A NOSA EXPOSICIÓN

SERGIO e BRAIS achegaron hoxe unhas preciosas obras de arte para a nosa exposición sobre a PINTURA. Os cadros de Sergio foron pintados polo seu irmán Pedro e o de Brais tamén é froito dunha artista da súa familia. Moitas grazas aos dous! Gustáronnos un montón!!!

ANIVERSARIO DE CECILIA

Hoxe foi CECILIA a que nos agasallou cun fantástico biscoito de chocolate e cunhas coloridas chuches co gallo do seu aniversario. Cantámoslle e aplaudimos cando, cun pouco de traballo, apagou as velas. Todo estaba boísimo!!! Grazas, CECILIA!!!!

A CÉLULA

26/9/18

ANIVERSARIO DE GABRIEL

Que sorte!!! Hoxe tivemos un novo convite para a merenda do recreo!! GABRIEL tróuxonos un riquísimo biscoito de chocolate para celebrar o seu cumpleanos. Estaba boísimo!!! Grazas, Gabriel!!

25/9/18

ANIVERSARIO DE BRAIS

BRAIS agasallou ao equipo de cuarto cun riquísimo biscoito de laranxa co gallo do seu noveno aniversario. Estaba boísimo!!! GRAZAS, BRAIS!!!

MÁIS CADROS E PINTORES

Desta vez foi Yzébel a que quitou os cadros das paredes da súa casa para compartir con nós tres preciosas reproducións de tres famosísimos pintores: Monet, Manet e Renoir. Grazas Yzébel!!!

24/9/18

DA PREHISTORIA Á HISTORIA

MURAL DE PRESENTACIÓN DE CUARTO DE EP

Así de precioso quedou o mural que representa ao equipo de CUARTO DE EP que xa decora a antrada á nosa aula. Este ano seremos un EQUIPO MULTICOLOR!
Posando fachendos@s do seu traballo:
E aí van os compoñentes de cada grupo:

CHEGAN OS PRIMEIROS MATERIAIS PARA A EXPOSICIÓN SOBRE A PINTURA

Xa estamos recibindo preciosos obxectos relacionados co noso PDI deste curso sobre A PINTURA E OS GRANDES PINTORES E PINTORAS da historia. Laura achegou unha completa colección sobre pintura; Cecilia trouxo dúas reproducións de coñecidísimas obras de Van Gogh que descolgou das paredes da súa casa para podelas compartir con nós:
E Vega tróuxonos un óleo que reproduce un famoso cadro de Vincent Van Gogh, un libro precioso sobre este artista e dous salvamanteis ilustrados con cadros do mesmo autor

20/9/18

DESCUBRIMOS OS AUTORES/AS QUE SE AGOCHAN NOS PERCHEIROS

Aquí a listaxe de cadros e autores/as que locen nos precheiros do equipo de 4º de EP (clic na imaxe para velos todos):

17/9/18

UNS PERCHEIROS CON MOITA ARTE!!!

O EQUIPO DE CUARTO xa ten preparados e personalizados os percheiros deste curso. Como cabía supoñer, a pintura e os grandes pintores e pintoras, xunto coas súas obras máis importantes, están representados por cada un dos membros do equipo. O reto para tod@s é recoñecelos e identificar o título dos seus cadros. Non te quedes en branco e acepta este reto tan colorido. ADIANTE!!!