29/10/18

SAMAÍN 18: CANTAMOS!!!

Xa temos canción para o SAMAÍN!!!!

26/10/18

FESTA RACHADA NA BIBLIO!!!

Hoxe pasámolo xenial na festa de reapertura da biblio. Fixemos a primeira visita deste curso á biblioteca onde vimos as exposicións, collemos as mochilas viaxeiras e as piruletas e fixemos moitas fotos no photocall. Despois asistimos a un divertidísimo espectáculo de música e baile que nos ofreceron Roscón e Uxía Lambona.
QUE BEN O PASAMOS!!!
Se queres ver máis fotos fai clic AQUÍ
Tamén podes lembrar todos os detalles da festa visitando O RECANTO DE MIK, onde atoparás moitas imaxes e vídeos.

25/10/18

CANTAS COUSAS!!!

Hoxe tivemos un día moi interesante, ou non??? Primeiro veu unha nena de 1º de EP, irmá de Nicolás, a mostrarnos o seu fantástico traballo:
Despois, foi o propio Nicolás o que nos mostrou unha reprodución dunha pintura de Luis Seoane e nos contou algúns datos interesantes da biografía do artista. Outro magnífico obxecto para a nosa exposición sobre o proxecto deste curso!!!
CAROLINA tamén fixo unha estupenda achega a este día tan interesante pois trouxo un libro que acaba de comprar e leunos a biografía dunha pintora que xa coñecíamos un pouco, Georgia O´Keeffe:
Por último, traballo en equipo e formulación de hipóteses cun estilo moi científico:
QUE EQUIPO TAN FANTÁSTICO!!!

22/10/18

O NOSO CADRO PARA O SAMAÍN

Despois de deliberar un tempo, o equipo de cuarto decidiu escoller mediante votación a obra Soño dunha tarde dominical na Alameda Central, de Diego Rivera, para a actividade do Samaín. Agora hai que averiguar algúns datos sobre esta pintura tan peculiar que puxo de moda un personaxe moi popular na cultura mexicana, a Catrina.
Para ver as obras que escolleu cada curso fai clic AQUÍ ou visita O RECANTO DE MIK

19/10/18

E UN MÁIS!!!

Esta vez foi VIOLETA quen trouxo un fantástico traballo para a exposición. Coa axuda da súa familia pintou unha simpática versión do cadro de Van Goh A cadeira, introducindo un personaxe que todos coñecemos e queremos, o noso ratiño MIK. Quedou moi vistoso e orixinal. PARABÉNS, VIOLETA!!!

17/10/18

MÁIS TRABALLOS!!!

Aínda temos dous traballos máis!!! Alba F. e Íker, xunto coas súas familias, tamén colaboraron coas súas estupendas creacións á exposición da biblioteca. Os dous explicaron moi ben en que consistían e como elaboraron os seus traballos. Xenial!!!

15/10/18

QUE MARABILLA!!!

Hoxe chegaron novos magníficos traballos para a exposición da biblioteca!!! Todos explicaron moi ben como xurdiron as ideas e como as puxeron en práctica, así como os materiais que empregaron e a contribución de cada membro da familia. MOITOS PARABÉNS A TODOS!!! Sodes uns artistas xeniais!!!!
PODEDES VER TODOS OS TRABALLOS AQUÍ