26/11/18

MOITAS GRAZAS!!!

Moitas grazas aos nenos e nenas de 5º de E. Infantil polos preciosos agasallos que nos fixeron a TOD@S os padriños e madriñas magosteir@s. Estivemos encantad@s de compartir con vós ese día tan fantástico!!!

22/11/18

DIVIDIENDO POR DOS CIFRAS

INTÉNTALO!!!
http://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/eltanquematematico/ladivision/resuelve/doscifras/resuelve_dc_p.html
https://www.matematicasonline.es/flash/divisiones/division2.html

ESPAZOS PROTEXIDOS DE GALICIA

O alumnado de cuarto está traballando en equipo sobre catro espazos naturais protexidos da nosa comunidade: Illas Cíes, Fragas do Eume, Dunas de Corrubedo e Monte do Invernadoiro. Na sesión anterior, os equipos tomaron decisións sobre os temas e repartiron as tarefas. Cando rematen terán que explicar ao resto de compañeir@s o contido dos murais:
MÁIS FOTOS

PREPARANDO O 25 DE NOVEMBRO

O EQUIPO DE CUARTO participa activamente na preparación das actividades do 25 de novembro: primeiro, os NENOS fixeron de fotógrafos e retrataron a cada unha das súas compañeiras, que fixeron un pousado moi orixinal; despois, entre tod@s, pintaron a parte que lles correspondía dun enorme mural:
Todas as FOTOS AQUÍ

19/11/18

MITOLOXÍA GREGA

Na imaxe de abaixo tendes os deuses e deusas máis importantes da mitoloxía grega
Para saber máis sobre eles clic nas seguintes ligazóns:
DIOSES GRIEGOS: VERSIONES PARA NIÑOS

DIOSES GRIEGOS

18/11/18

25 DE NOVEMBRO: LA PUERTA VIOLETA

O 25 de novembro é a data escollida pola ONU como Día Internacional da Non Violencia Contra a Muller. Con esta celebración preténdese concienciar a toda a sociedade, denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación. Esta convocatoria comezou o 25 de novembro de 1981 en lembranza da data en que foron asesinadas, en 1960, as tres irmás Mirabal, activistas dominicanas que loitaron polos dereitos das mulleres en contra do dictador Trujillo. Foron alcumadas co precioso nome de AS BOLBORETAS. Co gallo desta celebración, o noso alumnado traballará coa canción de ROZALÉN, La puerta violeta, para aprendela e cantala tod@s xunt@s nese día. Abaixo tendes varios vídeos nos que podedes ver varias postas en escea da mesma canción: canción en directo con linguaxe de signos, videoclip, e vídeo coa letra da canción. Escolle a que máis che guste e comeza a cantar!!!

8/11/18

OBXECTOS CURIOSOS DE EXIPTO

Ao fío do tema que estamos traballando en C. Sociais, UXÍA trouxo varios obxectos relacionados co antigo Exipto: un papiro, un escaravello con xeroglíficos e un díptico cos principais deuses da súa mitoloxía. ENCANTOUNOS!!! Grazas, Uxía!!!

ANIVERSARIO DE YZÉBEL

Para celebrar o seu cumpleanos YZÉBEL agasallou a todos os compañeiros e compañeiras cunhas riquísimas tartiñas individuais. Estaban BOÍSIMAS!!! GRAZAS, Yzébel!!!

PADRIÑOS E MADRIÑAS MAGOSTEIR@S

Este ano faremos o magosto en boa compañía!!! O equipo de cuarto apadriñará aos nenos e nenas de 5º de E. Infantil, polo que estivemos preparando unha visita á súa aula para ter un primeiro contacto con eles. Nos días anteriores elaboramos uns colares e fixeron unha simpática araña con plastilina para agasallar aos nosos afillad@s. Estabamos un pouco nerviosos pero moi, moi ilusionados!!! FOI FANTÁSTICO!!!
Para ver as fotos clic AQUÍ

SAMAÍN NA BIBLIOTECA

Que medo!!! Hai uns días recibimos unha nova mensaxe de MIK na que nos convidaba a visitar a biblioteca e meter as mans nunhas caixas moi sospeitosas. Podes ver as fotos en O RECANTO DE MIK

LA ORACIÓN: SUJETO Y PREDICADO

5/11/18

C. SOCIAIS: A IDADE ANTIGUA

Despois da prehistoria chega a HISTORIA coa aparición da escritura. A primeira etapa é a Idade Antiga onde hai tres grandes civilizacións que espallan a súa cultura por todo o mundo coñecido naquel momento: os exipcios, os gregos e os romanos. Na península ibérica tamén temos aos celtas, os íberos, os fenicios e os cartaxineses. No seguinte vídeo tes un estupendo resume: No seguinte vídeo verás como apareceu a escritura:

C. SOCIAIS: CELTAS, ÍBEROS E OUTROS POBOS

C. SOCIAIS: OS EXIPCIOS E OS GREGOS

2/11/18

ARAÑAS CON CASTAÑAS!!!

O equipo de cuarto elaborou unhas simpáticas arañas con castañas para a celebración das dúas datas que se traballan no ámbito escolar: o samaín e o magosto. Quedaron chulísimas!!!!

PRIMEIRA VISITA Á BIBLIOTECA

O equipo de cuarto xa estaba desexando baixar á biblioteca para empezar a usar o servizo de préstamo e gozar un curso máis dos libros e vídeos que a nosa biblio pon a disposición de toda a comunidade escolar.

1/11/18

CIENCIAS NATURAIS: OS ECOSISTEMAS

Comezamos o tema 2 de Naturais. Nos seguintes vídeos atoparedes moitos datos interesantes sobre os ecosistemas do planeta;