18/11/18

25 DE NOVEMBRO: LA PUERTA VIOLETA

O 25 de novembro é a data escollida pola ONU como Día Internacional da Non Violencia Contra a Muller. Con esta celebración preténdese concienciar a toda a sociedade, denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación. Esta convocatoria comezou o 25 de novembro de 1981 en lembranza da data en que foron asesinadas, en 1960, as tres irmás Mirabal, activistas dominicanas que loitaron polos dereitos das mulleres en contra do dictador Trujillo. Foron alcumadas co precioso nome de AS BOLBORETAS. Co gallo desta celebración, o noso alumnado traballará coa canción de ROZALÉN, La puerta violeta, para aprendela e cantala tod@s xunt@s nese día. Abaixo tendes varios vídeos nos que podedes ver varias postas en escea da mesma canción: canción en directo con linguaxe de signos, videoclip, e vídeo coa letra da canción. Escolle a que máis che guste e comeza a cantar!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Sólo se publicarán comentarios respectuosos que utilicen un vocabulario e contidos axeitados. Este é un espazo educativo. Moitas grazas.