3/12/18

DESAFÍO PICTÓRICO Nº 1

Hoxe iniciamos unha serie de desafíos arredor do PDI que consistirán en averiguar o título, o autor, a época e o século ou ano dos cadros que vaian aparecendo na aula e que tamén atoparedes aquí. Podedes facer unha busca por imaxe en GOOGLE e axiña atoparedes os datos. En ocasións haberá algunhas pistas para dirixir as vosas pescudas. ÁNIMO e a PARTICIPAR!!!
Aquí tendes a primeira proposta:
PISTA: A pintura representa unha santa e o autor desta obra non está no noso percheiro. Saberías completar os seguintes datos?
TÍTULO:
AUTOR:
ÉPOCA:
SÉCULO ou ANO da pintura:

2 comentarios:

Sólo se publicarán comentarios respectuosos que utilicen un vocabulario e contidos axeitados. Este é un espazo educativo. Moitas grazas.