21/12/19

FELICES FESTAS!!!

A titora, xunto cos nenos e nenas de terceiro de EP, deséxanvos a tod@s unhas estupendas vacacións de Nadal e un feliz ano 2020!!!

20/12/19

OBSERVACIÓNS AO MICROSCOPIO

Nos últimos días deste trimestre seguimos rodeados de ciencia e aproveitamos para observar ao microscopio as mostras que nos trouxeron Xián, Isabella e Gabriel F. Ademáis Inés fixo un experimento sobre electricidade estática. FOI MOI DIVERTIDO!!!!

18/12/19

AMIGO/A INVISIBLE

O equipo de terceiro estivo moi atarefado preparando unhas artísticas tarxetas de felicitación para agasallar ao amigo/a invisible. Quedaron preciosas!!!! Agora só queda facer os sorteos!!!
A PREPARACIÓN:
OS RESULTADOS:
TAMÉN ELABORARON OS SOBRES:
PARABÉNS A TOD@S!!!

9/12/19

OBRADOIRO DE ORIGAMI

Hoxe tivemos un obradoiro de papiroflexia no que tentamos facer bolboretas de papel para engadir á decoración da nosa árbore de Nadal. Costounos un pouco pero foron saíndo!!!
Se queredes practicar na casa so tendes que seguir as instrucións deste vídeo:

6/12/19

ANIVERSARIOS DE ISABELLA E ALEJANDRO

Rosquillas, biscoito e Superzings!!!! ALEJANDRO e ISABELLA convidaron aos seus compañeiros e compañeiras a merendar unhas riquísimas rosquillas e a un biscoito moi grande que estaba boísimo. Ademáis ISABELLA, agasallau a tod@s cos desexados Superzings que están tan de moda entre eles. GRAZAS AOS DOUS!!!

29/11/19

ANIVERSARIO DE MARIÑA

Co gallo do seu 8º aniversario MARIÑA agasallou ao compañeir@s cunha riquísima torta de chocolate e chuches.que estaba RIQUÍSIMA. Ademáis ofreceu a cada un sobre de superzings!!!! Que SORPRESA!!! GRAZAS, MARIÑA!!!!