30/1/19

RESPIRACIÓN. APARATO RESPIRATORIO

NOVAS ACHEGAS PARA A BIBLIOTECA DE AULA E A EXPOSICIÓN DE PINTURA

BRAIS relatounos a súa viaxe a Madrid e as sorpresas que a súa familia lle tiña preparadas. Entre elas a visita a unha exposición sobre Leonardo da Vinci:
MOITAS GRAZAS, BRAIS!!! ENCANTOUNOS!!!

DESAFÍO PICTÓRICO Nº7

Novo DESAFÍO PICTÓRICO para as mentes curiosas:

RECREOS DE CHUVIA

Gozando en equipo cos xogos dos recreos de chuvia

24/1/19

A DIXESTIÓN E O APARATO DIXESTIVO

Escoita atentamente o que che explica este simpático personaxe e saberás cal é o percorrido completo que fan os alimentos desde que entran no noso corpo. Clic na imaxe:

Para crecer y estar sanos necesitamos alimentarnos.

Los alimentos entran en nuestro cuerpo por la boca.
Con ayuda de la lengua los mezclamos con la saliva.
Con los dientes cortamos y masticamos la comida. Los incisivos cortan, los caninos desgarran y las muelas trituran.
Cuando tragamos, la comida triturada pasa a través del esófago.
De ahí pasa al estómago donde empieza la digestión.

23/1/19

RECREO DE CHOIVA!!

Gozando dos xogos que nos trouxeron os Reis Magos!!! Diversión e traballo en equipo:

15/1/19

FRACCIONADOR

Me encanta este "fraccionador" creado por Ángel Martínez Recio que nos permite, a partir de la fracción que escribimos, averiguar con qué número decimal se corresponde y qué porcentaje de la unidad representa. Al mismo tiempo podemos generar dos tipos de gráfico. Pruébalo!!!http://primerodecarlos.com/CUARTO_PRIMARIA/Diciembre/unidad5/actividades/mates/Fraccionador.swf

12/1/19

DESAFÍO PICTÓRICO Nº6

Ao fío do tema de C. Naturais que acabamos de empezar, temos o DESAFÍO PICTÓRICO Nº6: un retrato realizado por un pintor italiano moi orixinal. Seguro que o adiviñades axiña!!!

OBRADOIRO CAMIÑA CON NÓS POLA IGUALDADE

O venres, na biblioteca do cole, o equipo de cuarto participou no obradoiro "Camiña con nós pola igualdade". O tema central foi poñer de relevo o tratamento que fai a publicidade da diferencia de xénero, aproveitando os catálogos de xoguetes da campaña navideña deste ano. Despois dunha actividade en grupo, estableceuse un debate moi interesante. Os nenos e nenas relataron as súas experiencias persoais e fixeron interesantes reflexións. Resultou moi proveitoso e entretido.
Máis FOTOS AQUÍ

9/1/19

UN AGASALLO DE PARTE DE MIK!!!

Pois si, hoxe recibimos unha cartiña do noso rato preferido onde nos comunicaba que na biblioteca había un agasallo dos Reis para cada aula. Por suposto, mandamos axiña aos encargados para que o recolleran e nolo trouxeran pois estabamos impacientes por saber o que había. A verdade é que algo sospeitamos ao ver o paquete e... ATINAMOS!!! O CD do noso profe Gonzalo!!! Encantounos!!! Mañá escoitarémolo na clase de música!!!

8/1/19

DESAFÍO PICTÓRICO Nº5

Para comezar o trimestre temos xa un novo DESAFÍO PICTÓRICO. Aquí vos deixo unha pintura moi coñecida dun pintor americano do século XX. Seguro que con estes datos vos será moi doado atopala.

COMEZA O SEGUNDO TRIMESTRE!!!

Xa estamos de volta despois das vacacións de Nadal nas que descansamos, xogamos, gozamos da compañía da nosa familia e amigos e, por suposto, vivimos con ilusión a chegada de Papá Noel e dos Reis Magos. Ao chegar á aula atopamos a sorpresa de que os Reis tamén pasaran polo cole e nos deixaran uns agasallos para o equipo de cuarto. Seguro que se enteraron do ben que vos portastes e do traballadores que sodes. Agora toca reanudar o camiño e seguir estudando e traballando moito. ÁNIMO e BENVID@S ao segundo trimestre do curso 18/19!!!