27/2/19

CONFERENCIAS 18/19: A FORMIGA

O noso experto de hoxe, YANDEL GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, escolleu como tema da súa conferencia A FORMIGA, un insecto moi coñecido por tod@s, pero do que descubrimos moitos datos interesantes sobre a súa vida e os seus costumes. Para completar a información, Yandel elaborou un mural coa morfoloxía e o ciclo vital destes animais, xunto con varias fotografías que mostrou aos compañeir@s despois de responder as preguntas que lle plantexaron. PARABÉNS, YANDEL!!!

26/2/19

CONFERENCIAS 18/19: CANGREXO ARAÑA XIGANTE DE XAPÓN

O noso experto de hoxe, ÍKER ASER GÓMEZ JESÚS, escolleu como tema da súa conferencia a un animal ben raro e curioso, O CANGREXO ARAÑA XIGANTE DE XAPÓN. A tod@s nos resultou moi chamativo o enorme tamaño deste crustáceo que só existe en Xapón. Tamén nos impresionou moito unha parte do seu ciclo vital, a muda do seu caparazón. Despois da súa exposición, Íker mostrounos un vídeo onde puidemos ver en imaxes os contidos da súa explicación e respondeu as preguntas que lle formularon os compañeir@s. Para finalizar, agasallou a cada un cunha simpática camiseta personalizada que lles encantou a tod@s. PARABÉNS, ÍKER!!!

25/2/19

CHEGA O ENTROIDO: COMADRES E COMPADRES

Hoxe, na clase de E. Física, o equipo de cuarto divertiuse moito celebrando o xoves de compadres e o xoves de comadres. Aínda que non foi posible realizar a actividade nas propias datas pasárono xenial defendendo os seus simpáticos bonecos dos ataques do equipo contrario. Moitos bonecos sobreviviron á loita; outros, en cambio, acabaron ben mal parados. De todos os xeitos, o obxectivo foi conseguido: disfrutar a tope tod@s xunt@s e pasalo requetebén!!!

CONFERENCIAS 18/19: A BOLBORETA MONARCA

A nosa experta de hoxe, ALBA RIVAS NOGUEIRA, ofreceunos unha magnífica conferencia sobre A BOLBORETA MONARCA. Alba falounos deste fermoso insecto achegando unha morea de datos interesantes sobre a súa morfoloxía, alimentación, reprodución e hábitat. Impactounos saber que unha variedade desa bolboreta, a bolboreta Matusalén, realiza unha incrible viaxe de miles de Km. nunha das migracións máis chamativas da natureza. Para completar a información, Alba trouxo un vídeo que nos gustou moito e varias fotografías. Despois de responder as preguntas dos compañeir@s, mostrounos unha preciosa bolboreta que elaborou coa colaboración da súa familia como agasallo para a aula. Encantounos. PARABÉNS, ALBA!!!

23/2/19

ENTROIDO 2019: AS ORDES DO MECO

Xa están na porta da biblioteca as ordes do meco que teremos que obedecer na vindeira semana.
ATOPARÁS MAIS INFORMACIÓN EN O RECANTO DE MIK (clic AQUÍ)

22/2/19

CONFERENCIAS18/19: ARAÑA DEMO

O noso experto de hoxe, GABRIEL MARTÍNEZ QUESADA, escolleu como tema da súa conferencia A ARAÑA DEMO, tamén chamada ARAÑA OGRO. Gabriel achegou moitos datos interesantes sobre a súa morfoloxía, alimentación, reprodución, hábitat e algunhas curiosidades que nos impresionaron como que constrúen telarañas moi bonitas e que poden ter vistosas cores. Para complementar a súa exposición mostrounos varias fotos e un exemplar dunha araña nun metacrilato. Despois de responder as preguntas dos compañeir@s, Gabriel agasallounos cunha chuche en forma de araña. Gustounos moito. PARABÉNS, GABRIEL!!!

21/2/19

CONFERENCIAS 18/19: VERME DE SEDA

O VERME DE SEDA foi o protagonista da conferencia da nosa segunda experta de hoxe, ALBA FERNÁNDEZ MARTÍNEZ. Na súa exposición explicounos con moita claridade e detalle todo o ciclo vital deste animal e todo o proceso da metamorfose desde que é un ovo ata que se convirte en bolboreta. Tamén nos trouxo un vídeo moi instrutivo e mostrounos ao natural os oviños e dous vermiños vivos. Despois de responder as preguntas que lle formularon os compañeir@s, agasallou a cada un cunha bolsiña de vermiños e unha creativa manualidade. Encantounos. PARABÉNS, ALBA!!!

CONFERENCIAS 18/19: A CASCUDA

A nosa primeira experta de hoxe, YZÉBEL RAMOS VALDERRAMA, escolleu como tema da súa conferencia A CASCUDA, un insecto que nos resulta bastante familiar, pero do que descoñeciamos moitas cousas interesantes. Ademáis de falarnos da morfoloxía, alimentación, reprodución e hábitat, Yzébel contounos algunhas curiosidades que nos impresionaron moito, pois estes animais son capaces de soportar no seu entorno condicións moi desfavorables e ata poden sobrevivir sin cabeza!!! Para ilustrar a súa exposición, Yzébel achegou unha morea de fotografías. Para finalizar, convidou a todos os compañeir@s a comer unha riquísima e enorme cascuda de biscoito e chocolate e agasallounos cun marcapáxinas ben orixinal. Gustounos moito. PARABÉNS, YZÉBEL!!!