6/2/19

CONFERENCIAS 18/19: A ABELLA

A nosa experta de hoxe, ADRIANA PÉREZ GARCÍA, escolleu como tema para a súa conferencia AS ABELLAS, un insecto ben coñecido que nos resultou moi curioso e interesante. Adriana achegounos unha morea de datos sobre o seu comportamento, a súa alimentación, a súa reprodución, os seus depredadores... e descubriunos que o mundo non sería o mesmo se as abellas desaparecesen! Por certo, tamén nos enteramos de que as abellas teñen unha elaborada estrutura social na que cada individuo está especializado en tarefas distintas. Para ilustrar a súa exposición, Adriana achegou unhas preciosas fotografías e un un vídeo que nos gustou moito e que resultou moi instructivo. Para finalizar, agasallou a todos os compañeir@s cunha abella de fieltro moi feituca que elaborou coa axuda da súa familia. Encantounos!!! PARABÉNS, ADRIANA!!!

6 comentarios:

Sólo se publicarán comentarios respectuosos que utilicen un vocabulario e contidos axeitados. Este é un espazo educativo. Moitas grazas.