20/2/19

CONFERENCIAS 18/19: A MIÑOCA

O segundo experto do martes, DAVID FERNÁNDEZ ALONSO, ofreceunos unha estupenda conferencia sobre A MIÑOCA, un verme que non nos resultaba moi atractivo e que agora ata nos parece simpático porque, grazas a David, aprendemos que é un animal moi beneficioso, que enriquece o chan e favorece a formación do humus. Tamén nos informou sobre a súa anatomía, alimentación, reprodución, hábitat e depredadores. Para acompañar a súa exposición, David elaborou un mural sobre a miñoca cos datos máis significativos do seu ciclo vital e tróuxonos varios exemplares vivos que nos encantou poder ver. Para finalizar, respondeu as preguntas dos compañeir@s e agasallounos a tod@s cunhas chuches en forma de vermiños. Gustounos moito. PARABÉNS, DAVID!!!!

3 comentarios:

  1. Me encanto la conferencia y las miñocas que traias en ese tarro eran muy chulas y las chuches riquisimas.

    ResponderEliminar
  2. Me dan un poco de asquito las miñocas�� La conferencia bien.

    ResponderEliminar
  3. Me encanto tu conferencia

    ResponderEliminar

Sólo se publicarán comentarios respectuosos que utilicen un vocabulario e contidos axeitados. Este é un espazo educativo. Moitas grazas.