14/2/19

CONFERENCIAS 18/19: O ANISAKIS

A nosa primeira experta de hoxe, XIANA VÁZQUEZ FILGUEIRAS, escolleu como tema da súa conferencia O ANISAKIS, un parásito que afecta aos animais mariños. Interesounos moito porque moitos peixes que están presentes na nosa dieta diaria poden estar contaminados polo anisakis, o que perxudicaría significativamente a nosa saúde. Xiana falounos da súa morfoloxía, o seu ciclo vital, como inflúe nas persoas que o inxiren e como pode eliminarse dos alimentos. Tamén nos trouxo varias fotografías e un mural no que explicaba moi claramente o desenvolvemento do ciclo vital deste nematodo. Para rematar, entregou a cada compañeir@ unha bolsiña cuns vermiños ben ricos. Encantounos!!! PARABÉNS, XIANA!!!

3 comentarios:

  1. Me encanto tu conferencia y las chuches riquiiiiisimas.

    ResponderEliminar
  2. lo hiciste perfecto las fotos daban un poco de grima pero perfecto

    ResponderEliminar
  3. Me encanto tu conferencia lo hiciste genial y las chuches estaban RIQUISIMAS .

    ResponderEliminar

Sólo se publicarán comentarios respectuosos que utilicen un vocabulario e contidos axeitados. Este é un espazo educativo. Moitas grazas.