20/2/19

CONFERENCIAS 18/19: O GRILO REAL

O noso experto, ÓSCAR FILGUEIRAS COMESAÑA, escolleu como tema da súa conferencia O GRILO REAL. Na súa exposición ofreceunos unha morea de datos relativos á súa morfoloxía, alimentación, reprodución e hábitat. Para acompañar a súa explicación achegou moitas fotografías e mostrounos un impresionante exemplar deste insecto. Ao rematar respondeu as preguntas que lle formularon os compañeir@s e agasallounos cunha bolsiña de riquísimas chuches. Gustounos moito. PARABÉNS, ÓSCAR!!!!

3 comentarios:

Sólo se publicarán comentarios respectuosos que utilicen un vocabulario e contidos axeitados. Este é un espazo educativo. Moitas grazas.