9/2/19

ENTROIDO 19: XOVES DE COMADRES E XOVES DE COMPADRES

Este ano levaremos a cabo no cole unha das tradicións do longo ciclo do entroido galego: o XOVES DE COMPADRES e o XOVES DE COMADRES. Para iso teremos que elaborar uns bonecos moi sinxelos que serán os protagonistas desta divertida actividade. Utilizaremos papel de xornal, papel de seda e la para o pelo. Deberemos procurar que os nosos bonecos sexan resistentes para que sobrevivan á "loita". Podes probar a facer un na casa. Será moi divertido!!!

5 comentarios:

Sólo se publicarán comentarios respectuosos que utilicen un vocabulario e contidos axeitados. Este é un espazo educativo. Moitas grazas.