20/3/19

OBRADOIRO DE RECICLAXE

O 18 de marzo, o alumnado de cuarto de Primaria asistiu a unha nova edición do programa educativo sobre reciclaxe para concienciar aon máis novos da importancia da separación de residuos para protexer e coidar o medio ambiente. Os personaxes protagonistas da historia foron Dinoseto e Dinosetiño que guiaron aos nen@s na correcta separación dos materiais de refugallo. Para finalizar, recibimos unha mochila verde con propostas ludicoeducativas moi interesantes.

ANIVERSARIO DE ADRIANA

Co gallo do seu décimo aniversario ADRIANA agasallou a todos os compañeir@s cunha riquísima torta de chocolate. Estaba boísima!!! GRAZAS, ADRIANA!!!

13/3/19

O RELEVO DE ESPAÑA

FORMAS DO RELEVO
RELEVO DE ESPAÑA

10/3/19

ROCHAS E MINERAIS

Ao fío do tema que estamos estudando, temos os seguintes vídeos que nos falan dos minerais e da formación das rochas:

1/3/19

ENTROIDO 2019

O EQUIPO DE CUARTO tivo unha participación estelar no ENTROIDO deste ano titulado "QUE PINTAS AQUÍ" e fixérono fantasticamente, como auténticos profesionais. Algúns ían disfrazados de grafiteiros e outros de policías. Participaron con diálogos e cun baile moi divertido. Pasámolo xenial!!! PARABÉNS A TOD@S!!!!
A profe non puido resistir a tentación de facer unha foto con algúns policías moi moi entregados:

ANIVERSARIO DE DAVID

Co gallo do seu décimo aniversario, David agasallou aos compañeir@s cunha riquísima torta de chocolate. Estaba boísima!!! Grazas, David!!!

REMATAN AS CONFERENCIAS SOBRE ANIMAIS INVERTEBRADOS

O xoves remataron as conferencias sobre animais invertebrados. Aproveito para felicitar a tod@s os expertos e expertas de CUARTO polo esforzo e o excelente traballo que realizaron, así como polo impecable comportamento que tiveron como público atento, respectuoso e participativo. Moitísimas grazas tamén ás familias pola sua implicación, sen a cal esta actividade sería imposible de realizar. PARABÉNS, polo tanto, a NENOS, NENAS E FAMILIAS!!! Na imaxe de abaixo podedes acceder á lista de reproducción de todos os vídeos.

CONFERENCIAS 18/19: A VIÚVA NEGRA

Co noso experto, ÍAN COVELO MONROY, rematamos o ciclo de conferencias sobre animais invertebrados. Nesta ocasión a protagonista da exposición foi a VIÚVA NEGRA, un arácnido do que tiñamos a impresión de que era moi perigoso e que podía causar a morte a unha persoa en poucos minutos. Ian aclarounos que esta crenza non se corresponde coa realidade e que son moi escasas as ocasións nas que a picadura desta araña resulta mortal. Tamén achegou moitos datos sobre aspectos da súa morfoloxía, alimentación, reprodución, hábitat e costumes. Despois mostrounos un vídeo que nos impresionou moito. Para rematar, contestou con moita solvencia as preguntas dos compañeir@s, mostrounos unha manualidade moi chula e agasallou a cada un cunhas chuches en forma de araña. Gustounos moito. PARABÉNS, ÍAN!!!

CONFERENCIAS 18/19: O POLBO

A nosa experta de hoxe, UXÍA FANDIÑO SANTIAGO, ofreceunos unha magnífica conferencia sobre O POLBO. Aínda que nos resultaba un animal bastante coñecido, descubrimos moitos datos interesantes sobre este cefalópodo: a súa morfoloxía, alimentación, hábitat, reprodución, costumes... Incluso nos enteramos de que existen especies moi velenosas!!! Para ilustrar a súa exposición acompañou os contidos que explicaba con numerosas fotografías e realizou unha manualidade moi bonita en colaboración coa súa familia. Para rematar, contestou as preguntas dos compañeir@s e agasallou a cada un cun marcapáxinas. Encantounos. PARABÉNS, UXÍA!!!

DESAFÍO PICTÓRICO Nº10

Con esta curiosa pintura dun autor que xa coñecedes ben rematamos os DESAFÍOS PICTÓRICOS. Se aínda non participaches aproveita esta ocasión. É moi fácil!!!