29/4/19

FOMOS DE TEATRO

Hoxe, os nenos e nenas de terceiro e cuarto de EP asistiron a unha representación teatral no auditorio do concello de Vigo, onde coincidiron co alumnado doutros coles da cidade. A obra titulábase "Chamádeme Simbad", unha adaptación da novela do mesmo título de Francisco Castro, que trataba de achegar aos máis novos a situación dos anciáns enfermos de Alzheimer. Os actores e actrices pertencían á Escola Municipal de Teatro.

SAÍDA EDUCATIVA ÁS INSTALACIÓNS DE VITRASA

O xoves da semana pasada, os nenos e nenas de cuarto de EP visitaron as instalacións da empresa de transporte, VITRASA. A experiencia resultou moi interesante e superdivertida. Puidemos ver autobuses moi modernos e comparalos cos primeiros autobuses que circularon polas rúas da cidade. Fomos ao taller de reparacións, ao centro de control e mesmo puideron falar "en directo" cunha conductora que estaba facendo unha das liñas urbanas. Ao rematar, convidáronnos a un refresco e subimos ao autobús turístico. Pasámolo xenial!!!

12/4/19

"TARXETAS LECTORAS"

Á volta de vacacións realizaremos os sorteos nas aulas dos nenos e nenas cos que compartiremos fantásticas lecturas para o que teremos que preparar as nosas "tarxetas lectoras". Seremos uns estupendos "padriños e madriñas". Estamos impacientes!!!
A continuación veredes algúns exemplos de "tarxetas"que vos poden servir de inspiración:

ENCUENTRO CON PEDRO MAÑAS

El jueves, 11 de abril, el alumnado de cuarto disfrutó de la compañía de Pedro Mañas, autor del libro "Apestoso tío Muffin", un original relato sobre la superación de los miedos y complejos. A lo largo de varias semanas descubrieron personajes con los que simpatizaron inmediatamente y con los que se adentraron en una aventura emocional que no dejó indiferente a nadie. Todos aguardaban impacientes el día en que podrían conocer al creador de la historia y el invitado no decepcionó. Resultó un encuentro muy agradable y simpático con el que reímos, preguntamos, opinamos... Al finalizar la charla, firmó los ejemplares de tod@s. Gracias, Pedro, por tu visita y por tu tiempo. Esperamos volver a verte pronto.
Si quieres ver todas las fotos del encuentro con Pedro Mañas clic AQUÍ

10/4/19

PRÓXIMO ENCONTRO CON PEDRO MAÑAS

Mañá xoves, o alumnado de 4º de EP recibirá na biblioteca a visita do autor do libro que estiveron lendo "Apestoso tío Muffin". Para recibilo prepararon un mural como agasallo de benvida no que se implicaron moito e que fixeron con moita ilusión e entusiasmo. Quedou fantástico!!!

4/4/19

CUARTO DE EP E POESÍA

Espléndida actuación do alumnado de CUARTO de EP na SEMANA DA POESÍA 2019!!! Como auténticos artistas, ben coordinados entre eles, movéronse con soltura polo escenario levando a cabo unha posta en escena que nos encantou a todos. Recitaron á perfección os poemas tanto en castelán como en galego. UN ÉXITO!!! Os meus PARABÉNS porque fixestes un traballo magnífico, non so polos recitados, que foron perfectos, senón polo voso comportamento e o voso saber estar sobre un escenario. MOI BEN!!! FOI ESTUPENDO ESCOITARVOS!!!
Podedes ver todas as fotos AQUÍ