31/5/19

EXPERIMENTOS COA LUZ 18/19: O LAPIS QUE SE ROMPE POR TRES SITIOS E A CULLER QUE SE AGRANDA

Cos investigadores SERGIO e YANDEL rematamos o ciclo de experimentos coa luz deste curso. Na sesión de hoxe SERGIO realizou e explicou moi ben "O lapis que rompe por tres sitios" para o que empregou tres substancias transparentes con diferente densidade: auga, aceite corporal e alcohol. Encantounos!!! PARABÉNS, SERGIO!!!
A continuación, YANDEL aproveitou a refracción da luz para crear un efecto lupa que convertiu unha culler pequena nunha culler moi grande. Foi moi chulo!! PARABÉNS, YANDEL!!!
Se queres ver as fotos de todos os experimentos fai clic na seguinte ligazón: EXPERIMENTOS COA LUZ 18/19

30/5/19

EXPERIMENTOS COA LUZ 18/19: HOLOGRAMA E LAPIS QUE SE ROMPE

As nosas primeiras investigadoras de hoxe, ADRIANA e ALBA R, presentaron un un sorprendente e orixinal experimento no que aproveitaron a propiedade de reflexión da luz para crear un HOLOGRAMA. Parecía maxia!!! Encantounos!!! PARABÉNS, ALBA e ADRIANA!!!
A continuación foron ÓSCAR e XIÁN os que realizaron O LAPIS QUE SE ROMPE POR TRES SITIOS, unha nova versión deste coñecido experimento no que introduciron unha sustancia pouco habitual, o sal. Gustounos moito!!! PARABÉNS, XIÁN e ÓSCAR!!!
Se queres ver as fotos de todos os experimentos fai clic na seguinte ligazón: EXPERIMENTOS COA LUZ 18/19

EXPERIMENTOS COA LUZ 18/19: CÁMARA OSCURA

O noso investigador GABRIEL presentou a elaboración dunha cámara oscura (a predecesora da cámara fotográfica). Explicounos moi ben todo o procedemento e os materiais que se necesitan. Finalmente puidemos probala. Despois quixemos mirar a través dela no exterior. ENCANTOUNOS! PARABÉNS, GABRIEL!!
Se queres ver as fotos de todos os experimentos fai clic na seguinte ligazón: EXPERIMENTOS COA LUZ 18/19

27/5/19

EXPERIMENTOS COA LUZ 18/19: A MOEDA QUE DESAPARECE, CORES QUE CAMBIAN DE LUGAR E CAIXA DE LUZ MÁXICA

Na sesión de experimentos de hoxe puidemos comprobar unha vez máis os curiosos comportamentos da luz e as súas propiedades. Os primeiros investigadores foron IAN e ANTÓN que fixeron e explicaron fantásticamente o experimento A MOEDA QUE DESAPARECE, que nos pareceu maxia!! Describiron os materiais, o procedemento, puxérono en práctica e aclararon o fenómeno que se produciu. PARABÉNS aos dous!!!
A continuación foi ÍKER o que presentou un experimento baseado na refracción da luz, "CORES QUE SE CAMBIAN DE LUGAR", e que resultou moi curioso. ÍKER conseguiu que a cor que se atopaba á esquerda se intercambiara coa que estaba á dereita. Claro que, en realidade era unha ilusión óptica provocada polo ángulo de refracción da luz cando atravesa a auga. Gustounos moito!! PARABÉNS, ÍKER!!!
Por último, foron CAROLINA E CECILIA as investigadoras que presentaron un elaborado e vistoso experimento que chamaron CAIXA DE LUZ MÁXICA, na que aproveitaron as cores que compoñen a luz para ver curiosos efectos luminosos dentro dunha caixa. Fixérono xenial!!! PARABÉNS. CECILIA E CAROLINA!!!
Se queres ver as fotos de todos os experimentos fai clic na seguinte ligazón: EXPERIMENTOS COA LUZ 18/19