23/5/19

EXPERIMENTOS COA LUZ: LUZ CORTADA, LETRA AO REVÉS, LUZ EN ZIG-ZAG E EXPLOSIÓN DE LUCES

O noso departamento de investigación tróuxonos hoxe catro experimentos moi interesantes relacionados coa propagación da luz nos diferentes medios, a refracción, a reflexión e a súa descomposición nas sete cores do arco da vella. O primeiro equipo, formado por YZÉBEL e ALBA F, fixeron unha demostración da propagación da luz co seu experimento LUZ CORTADA. Encantounos!!! PARABÉNS, ALBA e YZÉBEL!!!
A continuación foron LAURA e XIANA as que nos explicaron os fenómenos da reflexión e a refracción da luz cos experimentos LETRA AO REVÉS e LUZ EN ZIG-ZAG. Fixérono moi ben!!! PARABÉNS ÁS DÚAS!!!
Para finalizar, NICOLÁS e BRAIS demostraron a descomposición da luz co experimento EXPLOSIÓN DE LUCES para o que tivemos que baixar ao patio para utilizar a luz directa do sol. Para completar a exposición presentaron o proceso en tres cartaces onde se explicaba moi ben o experimento. Estivo xenial!!! PARABÉNS, BRAIS e NICOLÁS!!!
Se queres ver as fotos de todos os experimentos fai clic na seguinte ligazón: EXPERIMENTOS COA LUZ 18/19

5 comentarios:

  1. Muy chulos los experimentos.

    ResponderEliminar
  2. El experimento que mas me gusto fue el de Nico y Brais estuvo muy chulo flipe

    ResponderEliminar
  3. A nosotros los experimentos nos parecieron muy chulos compiñeros.

    ResponderEliminar
  4. que chulos os vosos experimentos

    ResponderEliminar

Sólo se publicarán comentarios respectuosos que utilicen un vocabulario e contidos axeitados. Este é un espazo educativo. Moitas grazas.