22/5/19

EXPERIMENTOS: A FRECHA AO REVÉS, O LAPIS QUE SE ROMPE E PERISCOPIO

O noso Departamento Científico comezou xa a realizar experimentos relacionados cos fenómenos luminosos. Como auténticos científic@s prepararon os seus experimentos coidadosamente e explicaron nos seus cadernos todo o proceso, desde os materiais ata as conclusións. Tamén levaban os seus distintivos personalizados.
Os primeiros investigadores deste curso foron VIOLETA, VEGA e DAVID. Violeta e Vega fixeron dous experimentos, a frecha que vai ao revés e o lapis que se rompe, aproveitando que a luz ten diferentes ángulos de refracción segundo o medio que atravesa para crear a sensación de que o pau que introduciron en auga e en aceite estaba fracturado en tres segmentos. Gustounos moito. PARABÉNS, VEGA e VIOLETA!!!
A continuación, o noso investigador DAVID decidiu presentarnos na sesión de experimentos a construción dun periscopio. Foi xenial comprobar que resulta bastante sinxelo e, sin embargo, foi un descubrimento moi importante xa que permitiu observar obxectos que se atopan por enriba do noso plano de visión e transmitir a luz por medio da REFLEXIÓN. Por suposto, despois da elaboración puidemos probalo. Gustoinos moito!! PARABÉNS, DAVID!!!
Se queres ver as fotos de todos os experimentos fai clic na seguinte ligazón: EXPERIMENTOS COA LUZ 18/19

4 comentarios:

  1. Me puse un poco nervioso pero creo que me salio bien.

    ResponderEliminar
  2. Muy chulos los experimentos.

    ResponderEliminar
  3. me encataron os vosos experimentos

    ResponderEliminar
  4. que chulos los experimentos .El periscopio era muy chulo porque se veia recto pero no lo era

    ResponderEliminar

Sólo se publicarán comentarios respectuosos que utilicen un vocabulario e contidos axeitados. Este é un espazo educativo. Moitas grazas.