16/5/19

VISITA Á CASA DO CONCELLO

O martes, día 14, o alumnado de Quinto de EP xunto co Equipo de Cuarto fixeron unha visita ás instalacións da Casa do Concello de Vigo onde puideron descubrir toda a importancia das infraestruturas e das tarefas que se realizan alí. Primeiro visitamos a sala de plenos onde se reúnen os representantes do equipo de goberno xunto cos da oposición para debater os asuntos que concernen á cidade. Puidemos usar as súas cadeiras e teatralizar unha proposta e a votación correspondente:
Despois fomos á sala de control de tráfico onde quedamos impresionados pola cantidade de aparellos e pantallas que había:
Tamén estivemos na sala de prensa, onde se recibe aos diferentes medios de comunicación para dar a coñecer as novas máis importantes sobre as decisións ou proxectos relacionados coa cidade:
Tamén tivemos a oportunidade de estar un momentiño co alcalde, Abel Caballero, que tivo a amabilidade de deixar as súas tarefas para saudarnos:
A continuación asistimos ao ensaio dun grupo de música tradicional. Finalmente estivemos no laboratorio municipal de química onde nos fixeron un experimento para ensinarnos como detectan a presencia de nitritos na auga:
Pasámolo moi ben e aprendemos moito! VIGO É UNHA GRAN CIDADE!!!! Se queres ver todas as fotos da visita fai clic AQUÍ

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Sólo se publicarán comentarios respectuosos que utilicen un vocabulario e contidos axeitados. Este é un espazo educativo. Moitas grazas.