25/10/19

EUREKA, HAI CIENCIA NA BIBLIOTECA!!!!!

Hoxe remataron os festexos co gallo da reapertura da nosa biblioteca. Pasámolo moi ben coa actuación do Mago Cali!!!! Encantounos o espectáculo e aplaudimos moito cando algúns compañeiros tiveron a sorte de ser axudantes do mago. Fixérono xenial!!!! Se queredes ver a crónica destes días visitade O RECANTO DE MIK.

24/10/19

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe fixemos a nosa primeira visita deste curso á biblioteca, onde vimos a exposición de libros sobre ciencia e a exposición de novidades, lembramos as normas para os préstamos, collemos as mochilas viaxeiras e as piruletas, agasallo de benvida do noso amiguiño MIK. Roi e Inés recibiron a súa carpeta e o seu carné de usuari@s e fixemos moitas fotos. Por certo, tamén aprendemos o significado da palabra EUREKA!
Pero aínda non rematou a festa!!!! Mañá seguiremos celebrando que a nosa biblioteca abre de novo as súas portas para divertirnos e aprender moito un curso máis!!!!

21/10/19

NOVAS ACHEGAS PARA A NOSA EXPOSICIÓN SOBRE A CIENCIA

Hoxe varios compañeiros e compañeiras do equipo de terceiro fixeron unhas estupendas achegas para a nosa exposición sobre A CIENCIA. Primeiro compartiron as súas explicacións sobre os fantásticos obxectos e traballos. AINHOA fixo un traballo de investigación sobre MULLERES CIENTÍTICAS. Falou dos seus descubrimentos e da súas aportacións á ciencia e a tecnoloxía. MOITAS GRAZAS, AINHOA!!! GUSTOUNOS MOITO!!!
Despois LUCAS mostrounos unha peza fantástica que nos deixou impresionados: unha barba de balea!!! Tamén nos explicou que os científicos que estudan as baleas chámanse CETÓLOGOS (porque estudan CETÁCEOS) PARABÉNS, LUCAS!!! ENCANTOUNOS!!!
IRENE mostrounos a súa CAIXA DE EXPERIMENTOS con moitos produtos e instrumentos para realizar experimentos moi interesantes. Estamos desexando velos!!! GRAZAS, IRENE!!!
E por último, MARIÑA trouxo o soporte que nos faltaba para realizar un dos seus experimentos. XENIAL!!!

16/10/19

PDI: A CIENCIA

Os nenos e nenas de terceiro están achegando uns fantásticos materiais para a nosa exposición sobre a ciencia. ISABELLA mostrounos o seu Robot Mind e fíxonos varias demostracións do seu funcionamento. ENCANTOUNOS!!!