24/10/19

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe fixemos a nosa primeira visita deste curso á biblioteca, onde vimos a exposición de libros sobre ciencia e a exposición de novidades, lembramos as normas para os préstamos, collemos as mochilas viaxeiras e as piruletas, agasallo de benvida do noso amiguiño MIK. Roi e Inés recibiron a súa carpeta e o seu carné de usuari@s e fixemos moitas fotos. Por certo, tamén aprendemos o significado da palabra EUREKA!
Pero aínda non rematou a festa!!!! Mañá seguiremos celebrando que a nosa biblioteca abre de novo as súas portas para divertirnos e aprender moito un curso máis!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Sólo se publicarán comentarios respectuosos que utilicen un vocabulario e contidos axeitados. Este é un espazo educativo. Moitas grazas.