21/10/19

NOVAS ACHEGAS PARA A NOSA EXPOSICIÓN SOBRE A CIENCIA

Hoxe varios compañeiros e compañeiras do equipo de terceiro fixeron unhas estupendas achegas para a nosa exposición sobre A CIENCIA. Primeiro compartiron as súas explicacións sobre os fantásticos obxectos e traballos. AINHOA fixo un traballo de investigación sobre MULLERES CIENTÍTICAS. Falou dos seus descubrimentos e da súas aportacións á ciencia e a tecnoloxía. MOITAS GRAZAS, AINHOA!!! GUSTOUNOS MOITO!!!
Despois LUCAS mostrounos unha peza fantástica que nos deixou impresionados: unha barba de balea!!! Tamén nos explicou que os científicos que estudan as baleas chámanse CETÓLOGOS (porque estudan CETÁCEOS) PARABÉNS, LUCAS!!! ENCANTOUNOS!!!
IRENE mostrounos a súa CAIXA DE EXPERIMENTOS con moitos produtos e instrumentos para realizar experimentos moi interesantes. Estamos desexando velos!!! GRAZAS, IRENE!!!
E por último, MARIÑA trouxo o soporte que nos faltaba para realizar un dos seus experimentos. XENIAL!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Sólo se publicarán comentarios respectuosos que utilicen un vocabulario e contidos axeitados. Este é un espazo educativo. Moitas grazas.