29/11/19

ANIVERSARIO DE MARIÑA

Co gallo do seu 8º aniversario MARIÑA agasallou ao compañeir@s cunha riquísima torta de chocolate e chuches.que estaba RIQUÍSIMA. Ademáis ofreceu a cada un sobre de superzings!!!! Que SORPRESA!!! GRAZAS, MARIÑA!!!!

SONORO EMPEÑO

O mércores pasado, os nenos e nenas de 3º e 4º de EP fixemos unha saída educativa para participar no proyecto SONORO EMPEÑO, un programa dirixido a persoas de todas as idades para disfrutar da pintura que ten como protagonista outra das artes máis universais, A MÚSICA, a través das obras increíbles de Wassily Kandinsky, Pablo Picasso, Castelao, José Manuel Broto, Rafael Úbeda, Urbano Lugrís, Luís Seoane, Menchu Lamas, Luís Caruncho ou Xaime Quessada. A experiencia supuxo apreciar as obras destes artistas desde os sentidos da vista e o oído. A continuación fixeron un obradoiro no que foron capaces de traspasar ao papel e ás cores os diferentes estilos musicais que lles ían propoñendo. QUE ARTISTAS!!! PASÁMOLO XENIAL!!!!!!

25/11/19

ANIVERSARIO DE JESÚS

JESÚS tróuxonos un riquísimo biscoito para a merenda do recreo para celebrar o seu aniversario. ENCANTOUNOS!!! GRAZAS, JESÚS!!!!!

24/11/19

OS SENTIDOS II

Na seguinte animación podedes ver como son os nosos oídos, por dentro e por fóra. Fixádevos ben e aprenderedes moitas cousas. Para acceder á animación preme no panel de navegación, na parte de arriba, á dereita:

OS SENTIDOS

Presta atención:

PREPARANDO O 25N

O equipo de terceiro participou, xunto co resto do alumnado do centro, na elaboración do mural colectivo co que queremos conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Traballando pola igualdade!!!!

ANIVERSARIO DE IRENE

IRENE convidou a todos os compañeir@s cun riquísimo biscoito cheo de chuches para celebrar o seu aniversario. Estaba boísimo!!! GRAZAS, IRENE!!!!

EXPERIMENTANDO

XOEL fixo tres experimentos fantásticos que nos entusiasmaron a tod@s. O primeiro, realizado con imáns, unha pila e un de cable de cobre, demostrou a transmisión e transformación da enerxía; a continuación demostrou a presión que exerce a atmosfera nos obxectos; por último foi a refracción da luz a protagonista do experimento. PARECÍA MAXIA!!!! ENCANTOUNOS!!!

20/11/19

ANIVERSARIO DE GABRIEL

Co gallo da celebración do seu aniversario, Gabriel agasallou a todos os seus compañeiros e compañeiras cunha sorpresa que lles encantou a todos. GRAZAS, GABRIEL!!!!!

NOVOS FANTÁSTICOS TRABALLOS SOBRE O LEMA DA BIBLIOTECA!!!!

O equipo de terceiro participa moi activamente no certame de recreación do lema da biblioteca cuns magníficos traballos realizados en colaboración coas súas familias. PARABÉNS!!!!