29/11/19

SONORO EMPEÑO

O mércores pasado, os nenos e nenas de 3º e 4º de EP fixemos unha saída educativa para participar no proyecto SONORO EMPEÑO, un programa dirixido a persoas de todas as idades para disfrutar da pintura que ten como protagonista outra das artes máis universais, A MÚSICA, a través das obras increíbles de Wassily Kandinsky, Pablo Picasso, Castelao, José Manuel Broto, Rafael Úbeda, Urbano Lugrís, Luís Seoane, Menchu Lamas, Luís Caruncho ou Xaime Quessada. A experiencia supuxo apreciar as obras destes artistas desde os sentidos da vista e o oído. A continuación fixeron un obradoiro no que foron capaces de traspasar ao papel e ás cores os diferentes estilos musicais que lles ían propoñendo. QUE ARTISTAS!!! PASÁMOLO XENIAL!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Sólo se publicarán comentarios respectuosos que utilicen un vocabulario e contidos axeitados. Este é un espazo educativo. Moitas grazas.