27/1/20

CIENTÍFICOS CON NOBEL DA PAZ!!!

Hoxe o equipo de terceiro fixo a súa proposta para o xogo do Día da PAZ. Despois de realizar as pescudas asociaron os carteis cos datos aos personaxes correspondentes. Agardamos ter acertado!!! Esta é a nosa resposta:
Así resolvemos a actividade:

PEDRAS PRECIOSAS

Gabriel L. trouxo unhas preciosas xemas para mostrar aos compañeiros e compañeiras. Estivemos vendo a súa formas e as súas cores. Algunhas tiñan uns nomes ben raros!!! ENCANTÁRONNOS!!! GRAZAS, GABRIEL!!!

ANIVERSARIO DE DIEGO

Co motivo do seu aniversario, DIEGO agasallou aos compañeiros e compañeiras cunha riquísima torta. Estaba boísima!!! GRAZAS, DIEGO!!!

20/1/20

ANIVERSARIO DE AINHOA

Co gallo do seu aniversario, AINHOA agasallou a todos os compañeiros e compañeiras con cadanseu ovo de chocolate que contiña unha estupenda sorpresa!!! Moitas grazas, Ainhoa!!!

SAÍDA EDUCATIVA: NATURNOVA

O xoves pasado o equipo de terceiro asistiu a unha actividade na aula da natureza de NATURNOVA. Primeiro tiveron que resolver tres probas para conseguir un diploma e despois puideron explorar por todos os recunchos e experimentar cos materiais interactivos de toda a exposición. Foi moi divertido!!!

10/1/20

ESTADOS DA AUGA

Seguimos co tema da auga. Aquí tes unha canción sobre os estados da auga na natureza:

A AUGA NA TERRA

Comezamos o tema 4 de C. Sociais no que estudaremos moitas cousas sobre a auga no noso planeta. Presta atención aos seguintes vídeos:
O CICLO DA AUGA:

9/1/20

A ALIMENTACIÓN E A SAÚDE

Comezamos novo tema de C. Naturais: A alimentación e a saúde. Presta atención ao seguinte vídeo no que temos un resume moi interesante do tema: Co seguinte vídeo podemos estudar a pirámide alimentaria: