22/12/20

BO NADAL E FELIZ ANINOVO!!!!

Dúas xornadas fantásticas cheas de sorpresas!!
O luns, 21 de decembro, recibimos a visita duns personaxes moi especiais que nos trouxeron bailes e agasallos. Pasámolo xenial!!


Hoxe, martes 22 de decembro, fomos ao cole adobiados con traxes e divertidos elementos relacionados co Nadal, fixemos un pousado moi profesional no photocall da entrada do cole, asistimos a un conto por videoconferencia e entregáronnos as notas (que nervos!!):
Por último, neste remate de ano tan especial, o equipo de cuarto quere felicitar a toda a comunidade educativa e desexarlle un bo Nadal e un espléndido 2021.
E, por suposto, PARABÉNS a tod@s polo estupendo traballo realizado ao longo destes meses!!! Unha aperta agarimosa para tod@s vós e as vosas familias!!

17/12/20

PLÁSTICA: NADAL

Orgullos@s dos seus traballos navideños!!!!

16/12/20

SEÑORITA

No equipo de cuarto temos moitos artistas!!! Aquí está a proba: Gabriel, Mariña e Irene prepararon a canción "Señorita", con música e voces en directo, para agasallar aos compañeir@s. Hoxe tivemos a estrea mundial!!! Moitas grazas aos tres!!!

VER VÍDEO: https://youtu.be/YKGa8d7QOWA