7/4/21

C. SOCIAIS: OS RÍOS



O CURSO DUN RÍO

E COMO ESTE ANO VAI DE MÚSICA...


ESTUDA E REPASA XOGANDO:
XOGO 1
XOGO 2
XOGO 3

FICHAS INTERACTIVAS:
FICHA 1
FICHA2
FICHA3
FICHA4

25/3/21

RECREO ARTÍSTICO!!!

No recreo merendamos, xogamos, corremos, rimos, falamos... e, por que non, tamén os aproveitamos para decorar o patio. Por desexo dos creadores e artistas, aquí vos deixo unha auténtica obra de arte:

8/3/21

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER

Para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, ao fío do PDI deste ano sobre a música, o equipo de 4º de EP elaborou un traballo colectivo sobre MADONNA, figura senlleira na historia da música pop. Deste xeito quixemos pór de relevancia as importantes achegas que fan as mulleres en todos os ámbitos, tanto sociais como culturais. Así de chulo nos quedou:

Para completar o traballo, cada alumn@ fixo a súa propia ficha individual cos datos máis interesantes desta gran artista:

26/2/21

REMATAN AS CONFERENCIAS DESTE CURSO!

Este venres remataron as CONFERENCIAS SOBRE ANIMAIS INVERTEBRADOS do curso 20/21. Aproveito para felicitar a tod@s os expertos e expertas de CUARTO polo esforzo e o excelente traballo que realizaron, así como polo impecable comportamento que tiveron como público atento, respectuoso e participativo. Moitísimas grazas tamén ás familias pola implicación e a colaboración que fixeron posible esta actividade. PARABÉNS, polo tanto, a NENOS, NENAS E FAMILIAS!!!

CONFERENCIAS: O CENTOLO

Coa nosa fantástica experta de hoxe, EIRE, rematamos o ciclo de conferencias sobre animais invertebrados. Nesta ocasión o protagonista da exposición foi o CENTOLO, un crustáceo que nos resulta moi familiar a todos nós. EIRE achegou moitos datos sobre aspectos da súa morfoloxía, alimentación, reprodución, hábitat, costumes e curiosidades. Pareceunos moi chamativo que os mariñeiros observen o comportamento deste animal para anticipar a chegada de temporais. Tamén nos aprendeu a diferenciar os machos das femias e os centolos franceses dos galegos (que, por suposto, son moito máis ricos!!!). EIRE ilustrou a súa exposición con numerosas fotografías e con dous vídeos que nos gustaron moito sobre a pesca e a muda deste invertebrado. Para rematar, resolveu as dúbidas que se plantexaron e agasallou aos compañeir@s cunha manualidade moi orixinal. Encantounos! PARABÉNS, EIRE!!!

25/2/21

CONFERENCIAS: MEDUSA AVESPA DE MAR

A nosa experta de hoxe, IRENE, ofreceunos unha magnífica conferencia sobre A MEDUSA AVESPA DE MAR. Descubrimos moitos datos interesantes sobre este animal: a súa morfoloxía, alimentación, hábitat, reprodución, costumes... Por certo, aínda que pareza inofensiva, enterámonos de que esta especie posúe un veleno mortal!!! Para ilustrar a súa exposición, IRENE acompañou os contidos que explicaba con numerosas fotografías e un vídeo que nos gustou moito. Despois, contestou fantasticamente todas as preguntas dos compañeir@s e agasallou a cada un deles cun chaveiro moi chulo que elaborou ela mesma coa axuda da súa familia. Encantounos. PARABÉNS, IRENE!!!

24/2/21

CONFERENCIAS: LURA XIGANTE

Hoxe tivemos outra fantástica conferencia que tratou sobre a LURA XIGANTE, o invertebrado coñecido máis grande do mundo. O noso experto, GAEL, sorprendeunos coas medidas deste xigantesco molusco e aprendeunos as súas características máis importantes: hábitat, alimentación, reprodución... Entre outras curiosidades, explicounos que na nosa cidade hai unha escultura de Jules Verne na que o escritor aparece sentado sobre unha lura xigante. GAEL tamén nos mostrou moitas fotos e un vídeo dun avistamento deste animal en Xapón. Despois de responder as preguntas dos compañeir@s, GAEL agasallou a todo o equipo cunha orixinal manualidade de papiroflexia que nos servirá para decorar os lapis. ENCANTOUNOS!!!

23/2/21

CONFERENCIAS: MEDUSA E TARÁNTULA

Continuamos coas fantásticas conferencias deste curso. Hoxe tivemos dous estupendos expertos, ÍKER e SAMUEL, que nos falaron da MEDUSA e da TARÁNTULA. Primeiro foi ÍKER o que fixo a súa exposición e contounos moitos datos interesantes sobre A MEDUSA. Tamén nos aclarou que a súa preferida é a MEDUSA AVISPA, que, por certo, é un dos animais máis perigosos do planeta a causa do seu mortífero veleno. MOI BEN!!


A continuación, SAMUEL falounos da TARÁNTULA, da súa morfoloxía, alimentación, reprodución, curiosidades... Agora sabemos que, aínda que nos dea un pouco de medo, o seu veleno non causa a morte dun ser humano (que alivio!!). Para ilustrar a súa exposición, SAMUEL trouxo unhas fotos moi chulas e mostrounos un vídeo moi interesante. Ao rematar, contestou magnificamente todas as preguntas dos compañeir@s. XENIAL!!!

22/2/21

CONFERENCIAS: POLBO DUMBO

A fantástica conferencia de hoxe tratou sobre un molusco cefalópodo, o POLBO DUMBO, que mesmo parece unha criatura doutro planeta!! Non é moi coñecido por ter o seu hábitat en augas moi profundas, pero grazas á nosa magnífica experta de hoxe, MARIÑA, aprendemos as súas características máis importantes: alimentación, hábitat, reprodución, curiosidades... Despois da súa exposición, MARIÑA mostrounos dous vídeos e explicounos como facer unha manualidade moi chula e que nos deixou para decorar a nosa aula. Ao rematar contestou as preguntas dos compañeir@s e agasallou a todos eles cunha lambetada e cun pin coa forma dun polbo Dumbo moi feitiño. ENCANTOUNOS!!!